Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Redes de comunicacións, manipulación e telemedicina
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliarase cada práctica de laboratorio entre 0 e 10 puntos, en función do cumprimento dos obxectivos fixados no enunciado da mesma e da preparación previa e a actitude do alumnado. Cada práctica poderá ter distinta ponderación na nota total. 20 C34
D6
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas escritas dos contidos da materia, que incluirá os contidos das prácticas de laboratorio, cunha puntuación entre 0 e 10 puntos. 80 C34
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O calendario de probas de avaliación atópase publicado na páxina web do centro.

1. Primeira oportunidade

(a) Estudantes que seguen o curso por Avaliación Continua.

Para poder superar a materia na primeira oportunidade mediante Avaliación Continua será necesario:

- Unha nota mínima en cada proba escrita de 4.0 para superar a proba. Ningunha proba superará o 40 % da Avalición Continua. 

- Asistir, polo menos, ao 80% das sesións de prácticas.

No caso de non cumprir ditas condicións, a nota final será o mínimo da nota de avaliación continua e 4.5. A nota da avaliación continua será a media ponderada das probas escritas e laboratorios.

Poderanse propoñer actividades adicionais, de carácter voluntario, que complementen a cualificación calculada en base aos criterios expresados anteriormente.

(b) Estudantes que desexen ser avaliados mediante Avaliación Global.

A avaliación do curso na primeira oportunidade realizarase, por defecto, mediante Avaliación Continua. O estudantado ten dereito a optar pola Avaliación Global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria.

A nota obtida neste exame representará o 100% da nota final. O exame estará dividido en varias probas escritas. Deberán superarse os mesmos mínimos establecidos na avaliación continua. Este exame pode ter unha proba a realizar no laboratorio, e comprenderá a totalidade da materia impartida, así como os contidos abordados en todas as sesións prácticas.

2. Segunda oportunidade e Fin de Carreira

Na segunda convocatoria do mesmo curso, o exame estará dividido en varias probas. Deberase presentar en todas as probas non superadas por Avaliación Continua na primeira convocatoria. Os requisitos para superalas serán os mesmos que na primeira convocatoria. Este exame pode ter unha proba a realizar no laboratorio, e comprenderá a totalidade da materia impartida, así como os contidos abordados en todas as sesións prácticas.

3. Compromiso ético

Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). Ademais, o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000