O calendario de probas de avaliación atópase publicado na páxina web do centro. 1. Primeira oportunidade (a) Estudantes que seguen o curso por Avaliación Continua. Para poder superar a materia na primeira oportunidade mediante Avaliación Continua será necesario: - Unha nota mínima en cada proba escrita de 4.0 para superar a proba. Ningunha proba superará o 40 % da Avalición Continua. - Asistir, polo menos, ao 80% das sesións de prácticas. No caso de non cumprir ditas condicións, a nota final será o mínimo da nota de avaliación continua e 4.5. A nota da avaliación continua será a media ponderada das probas escritas e laboratorios. Poderanse propoñer actividades adicionais, de carácter voluntario, que complementen a cualificación calculada en base aos criterios expresados anteriormente. (b) Estudantes que desexen ser avaliados mediante Avaliación Global. A avaliación do curso na primeira oportunidade realizarase, por defecto, mediante Avaliación Continua. O estudantado ten dereito a optar pola Avaliación Global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. A nota obtida neste exame representará o 100% da nota final. O exame estará dividido en varias probas escritas. Deberán superarse os mesmos mínimos establecidos na avaliación continua. Este exame pode ter unha proba a realizar no laboratorio, e comprenderá a totalidade da materia impartida, así como os contidos abordados en todas as sesións prácticas. 2. Segunda oportunidade e Fin de Carreira Na segunda convocatoria do mesmo curso, o exame estará dividido en varias probas. Deberase presentar en todas as probas non superadas por Avaliación Continua na primeira convocatoria. Os requisitos para superalas serán os mesmos que na primeira convocatoria. Este exame pode ter unha proba a realizar no laboratorio, e comprenderá a totalidade da materia impartida, así como os contidos abordados en todas as sesións prácticas. 3. Compromiso ético Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). Ademais, o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |