O exame de preguntas de desenvolvemento e o de resolución de problemas teñen lugar o mesmo día na data, hora e lugar definidos polo centro no calendario do exames. O estudante pode decidir se quere un exame final (avaliación global) ou avaliación continua (segundo o procedemento descrito anteriormente). Para iso, débese indicar a decisión por escrito no exame final. Se se opta pola opción do exame final (o exame final é o 100% da nota) teráse que completar preguntas e/ou exercicios adicionais (con máis tempo). Se a maioría do alumnado o pide, poderase celebrar unha concocatoria adiantada das probas escritas (preguntas de desenvolvemento e problemas). Se se realiza, os estudiantes obterán como nota nestes apartados o máximo das súas notas na versión adiantada e na realizada na data oficial. Na convocatoria extraordinaria, pódese escoller entre a avaliación continua e o exame final, pero tendo en conta que: - A nota de avaliación continua é a mesma que a obtida na primeira convocatoria. - A nota de avaliación continua só é válida para o curso actual. CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: en convocatoria fin de carreira aplícase o mesmo procedemento que no caso de estudantes que non seguiron o proceso de avaliación continua. No caso de detectarse plaxio nalgunha das probas (probas curtas, parciais intermedios, exame final, informes prácticos), a nota final será SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |