Exame de preguntas obxectivas |
Propoñeranse varias probas consistentes en exercicios breves e/ou preguntas tipo tests conceptuais, de xeito que ningunha proba supere o 40% da nota global da materia, ao longo do curso nas datas/horas aprobadas polo Centro. A valoración de cada proba será de 0 a 10 puntos. |
60 |
|
|
|
|
Para superar a
materia, establécese unha nota mínima de 4 puntos sobre 10, tanto nas probas como no traballo para a avaliación das competencias adquiridas. Na segunda
oportunidade só se avaliará aos alumnos que non superen a materia.
Compromiso ético:
Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso
de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos
electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación
global no presente curso académico será de suspenso (0.0).
Non se permitirá a
utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación
salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico
non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da
materia no presente curso académico e a cualificación global será de
suspenso (0.0). |