Lección maxistral |
O profesor orientará e resolverá as dúbidas que poida ter o alumno en relación cos contidos explicados nas clases teóricas.
Esta atención levarase a cabo na propia aula, de xeito espontáneo e en sesións de titorías.
As titorías poderán ser individuais, a petición do estudantado, no horario de atención definido polo profesorado, ou en pequenos grupos. Para mellorar o seguimento da materia, o profesorado proporá a realización de estas titorías grupais e voluntarias en horarios acordados co alumnado. |
|
Prácticas de laboratorio |
O profesorado de laboratorio guiará aos alumnos no desenvolvemento das clases prácticas, aclarando as súas dúbidas e orientándoos para lograr a mellor comprensión dos conceptos e a adquisición das habilidades necesarias.
Esta atención levarase a cabo de xeito espontáneo ao longo da realización das sesións prácticas e tamén en sesións de titorías personalizadas. Estas realizaránse no horario definido polo profesorado. |
|
Prácticas con apoio das TIC |
O profesorado de prácticas guiará aos alumnos na solución dos casos propostos de selección de biomateriais, resolvendo as dúbidas e dificultades que poidan xurdir, tanto na utilización do programa CESEDUPACK como nos conceptos implicados para o correcto desenvolvemento das prácticas. |
|
Autoavaliación |
O profesorado deseñará os cuestionarios de autavaliación que o alumnado deberá responder ao final de cada lección ou unidade temática. A autoavaliación reralizarase na aula, en días e horas sinaladas con anticipación suficiente. O profesorado guiará ao alumnado na realización destas probas, axudando a resolver as cuestións técnicas que poidan xurdir |