Guia docente 2025_26
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Compoñentes eléctricos en vehículos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición dos núcleos temáticos, seguida da explicación necesaria para favorecer a súa comprensión. Ademais, fomentarase a motivación e o interese polo coñecemento da materia.
Saídas de estudo Actividade orientada ao coñecemento dos procesos de fabricación e montaxe de compoñentes relacionados coa materia, así como á súa identificación e diferenciación dentro do sector.
Traballo tutelado Actividade orientada á profundización nos contidos específicos da materia, mediante un enfoque estruturado e rigoroso, tanto na súa versión oral como escrita. Fomentarase, así mesmo, o debate e a confrontación de ideas como parte do proceso de aprendizaxe.
Presentación Actividade destinada a exercitar os recursos de análise e síntese aplicados aos traballos titorizados elaborados. Promoverase a adopción de actitudes autocríticas e a aceptación respectuosa de enfoques contrarios fundamentados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000