Guia docente 2025_26
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Fundamentos de automática e control
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Realizarase unha Avaliación Continua do traballo de cada alumno nas prácticas. Para iso valorarase cada práctica de 0 a 10 puntos en función do cumprimento dos obxectivos fixados no enunciado da mesma, da preparación previa e da actitude do alumno.Os criterios de avaliación máis relevantes son:- Puntualidade - Preparación previa do prácticas - Aproveitamento da sesión.Cada práctica poderá ter distinta ponderación no total da nota. A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria. 25
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase un exame oral/escrito sobre os contidos da materia que incluirá problemas e exercicios. 75
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Primeira oportunidade

(a) Estudantes que seguen o curso por Avaliación Continua.

Para poder superar a materia na primeira oportunidade mediante Avaliación Continua será necesario:

- Alcanzar unha nota media igual ou superior a 5 sobre 10 puntos nas probas escritas.

- Alcanzar unha nota media igual ou superior a 5 sobre 10 puntos nas probas prácticas de laboratorio.

- Unha nota mínima en cada proba escrita de 2,5 sobre 10 puntos. Ningunha proba superará o 40 % da Avalición Continua.

- Asistir, polo menos, ao 80% das sesións de prácticas.

No caso de non cumprir ditas condicións, a nota final será o mínimo da nota de avaliación continua e 4,5.

Poderanse propoñer actividades adicionais, de carácter voluntario, que complementen a cualificación calculada en base aos criterios expresados anteriormente.

(b) Estudantes que desexen ser avaliados mediante Avaliación Global.

A avaliación do curso na primeira oportunidade realizarase, por defecto, mediante Avaliación Continua. O estudantado ten dereito a optar pola Avaliación Global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria.

A nota obtida neste exame representará o 100% da nota final. O exame estará dividido en varias probas escritas. Deberán superarse os mesmos mínimos establecidos na avaliación continua. Este exame pode ter unha proba a realizar no laboratorio, e comprenderá a totalidade da materia impartida, así como os contidos abordados en todas as sesións prácticas.

2. Segunda oportunidade e Fin de Carreira

Na segunda convocatoria do mesmo curso, o exame estará dividido en varias probas. Os requisitos para superalas serán os mesmos que na primeira convocatoria. Este exame pode ter unha proba a realizar no laboratorio, e comprenderá a totalidade da materia impartida, así como os contidos abordados en todas as sesións prácticas.

3. Compromiso ético

Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). Ademais, o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000