Avaliación Continua vs Avaliación Global. Os
alumnos deberán elixir entre os sistemas de avaliación continua (AC) e de
avaliación global (AG) antes de que finalice o prazo establecido polo Centro. Avaliación 1ª Oportunidade. Ao final do
cuadrimestre, unha vez realizadas as probas de avaliación continua ou global, o
alumno disporá dunha cualificación sobre 10 puntos de Álxebra (A) e unha
cualificación sobre 10 puntos de Estatística (E) que suporán o 100% da nota de
cada parte. A cualificación final da materia se calculará da seguinte forma: -Si
ambas as notas, A e E, son maiores ou iguais a 3.5, entón a cualificación final
será (A+E)/2. -Si
algunha das notas A ou E é menor que 3.5, entón a cualificación final será o
mínimo das cantidades (A+E)/2 e 4.5. A
un alumno se lle outorgara a cualificación de non presentado si non se presenta
a ningunha das probas de AC ou AG das dúas partes da materia despois do prazo
establecido polo centro para decidir entre AC ou AG; si, despois dese prazo,
preséntase a algunha proba que lle corresponda da cordo con esa decisión, se
lle considerará presentado. Avaliación 2ª Oportunidade. A avaliación dos
alumnos na segunda edición das actas se realizará mediante un exame de Álxebra
e outro de Estatística que suporán o 100% da nota final de cada parte. Para
calcular a cualificación final da materia se aplicará o procedemento descrito
arriba. Si ao final do cuadrimestre (primeira
edición de actas) un alumno obtén unha cualificación superior ou igual a
5 puntos (sobre 10) nunha das partes (Álxebra ou Estatística) entón, na segunda
edición, poderá non presentarse ao exame final desa parte e conservar a nota
obtida na primeira edición. Compromiso Ético: Espérase que o alumno
presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento
non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non
autorizados, e outros) se considerará que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no
presente curso académico será de suspenso (0.0). Non
se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas
de avaliación salvo autorización expresa. O
feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame
será considerado motivo de non superación da materia no presente curso
académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). |