Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
- Lección maxistral.
- Resolución de problemas.
- Prácticas de laboratorio sen utilización de instrumentación.
* Metodoloxías docentes que se modifican
- Prácticas de laboratorio con utilización de instrumentación: substituíranse por actividades en contornas virtualizadas.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros de FAITIC, ...) baixo a modalidade de concertación previa..
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Mantéñense o tipo de probas e a súa ponderación na cualificación final, adaptando a súa realización ás circunstancias.
|