Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Tecnoloxía química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Saídas de estudo Realizaranse cuestións e actividades relacionadas coa visita a realizar. Estas poden ser previas á realización da visita ou posteriores. 5 B4
C4
D2
D9
D10
D17
Simulación Realización de diversas simulacións de procesos químicos que se deberán entregar tras as sesións de simulación que se realizarán ao longo do curso. 15 B3
B4
C4
D2
D9
D10
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse diversos controis, constando cada un deles de problemas. 40 B3
B4
C4
D2
D9
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Avaliarase neste item tanto a realización das prácticas de laboratorio como o razoamento e tratamento dos resultados obtidos no desenvolvemento das clases prácticas de laboratorio. 10 C4
D9
D10
D17
Exame de preguntas obxectivas Dentro desta proba de avaliación englóbase dous tipos de exame de preguntas obxectivas:
+ Tipo test nas sesións maxistrais cuxo valor representará un 10%
+ Cuestións curtas ou tipo test que se realizarán en diversos controis ao longo do curso, cuxo valor representará un 20%
30 B3
B4
C4
D2
D9
D10
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
AVALIACION:
A participación do/a estudante nalgún dos sistemas de avaliación da asignatura (prácticas de laboratorio, resolución de problemas e exercicios, simulación, salida de estudio, examen de preguntas obxectivas) implicará a condición de presentado e a súa calificación nas actas. Requírese unha asistencia mínima ao 75% das prácticas, saída de estudio e simulación da asignatura para ter dereito á evaluación das mesmas. En caso contrario a nota destes sistemas de avaliación será 0,0.
Un/a alumno/a que non teña "avaliación global", estará suspenso/a se non acada unha NOTA MÍNIMA de 4,0 ptos (sobre 10) en cada unha das probas antes descritas. Nembargantes, o /a alumno/a terá a posibilidade de recuperar as partes non superadas na convocatoria de Maio. O/a alumno/a aprobará a asignatura se a CALIFICACIÓN FINAL é ≥ es ≥ 5,0, é dicir, se a suma das cualificacións obtidas nos distintos sistemas de evaluación da asignatura é ≥ 5,0.

Segunda convocatoria:
Na segunda convocatoria os/as alumnos/as realizarán un exame final no cal se lles avaliará dos diferentes sistemas de avaliación (prácticas de laboratorio, resolución de problemas e exercicios) ao longo da asignatura. Esta nota será o 100% da cualificación.

AVALIACIÓN GLOBAL:
Cando un alumno solicite a avaliación global, realizarase un "EXAME FINAL" nas datas establecidas no calendario da escola. A súa cualificación será a suma do 90% da nota obtida no "EXAME FINAL" e do 10% da nota de prácticas de laboratorio.

COMPROMISO ÉTICO:
Espérase que o alumno mostre un comportamento ético adecuado. En caso de detectarse un comportamento éticamente reprobable (por exemplo: copia, plagio, utilización de dispositivos electrónicos non autorizados, etc) considerarase que o alumno non reune os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado no aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000