Guia docente 2025_26
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Fundamentos de teoría de circuítos e máquinas eléctricas
   Recomendacións


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Física: Física II/V12G320V01202
Informática: Informática para a enxeñaría/V12G320V01203
Matemáticas: Álxebra e estatística/V12G320V01103
Matemáticas: Cálculo II e ecuacións diferenciais/V12G320V01204
 
Outros comentarios
É moi recomendable que os alumnos teñan coñecementos suficientes da álxebra dos números complexos, algebra lineal, ecuacións diferenciais lineais e coñecementos básicos de teoría de circuítos e ofimática: • En concreto, esta materia parte e apóiase dos contidos estudados en Física II, realizando un mero repaso no primeiro tema “Introdución” daqueles aspectos relacionados directamente coa Teoría Circuítos. É por tanto recomendable, para o correcto seguimento da materia, ter aprobada Física II. • Por outra banda, todo o cálculo en R.E.S. realízase aplicando operacións de números complexos (suma, resta, multiplicación, división, conxugado), por tanto é fundamental dominar a álxebra de números complexos (Matemáticas I) para poder seguir adecuadamente esta materia. • Ademais, son precisos coñecementos de cálculo matricial para estudar os métodos de análise de circuitos por nós e malhas, en particular a súa implementación en Matlab. • Por último, no estudo do réxime transitorio empregan ecuacións diferenciais e transformada de Laplace (Calculo I y II). • E, tanto para poder realizar as prácticas en Matlab, como para redactar os informes de prácticas e o traballo, precisan uns coñecementos mínimos de ofimática. Por todo iso, é conveniente superar as materias de Física II, Cálculo (I y II), Matemáticas I, e Informática antes de matricularse de desta materia
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000