Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas |
Avaliarase a asistencia e a participación do alumnado nas clases prácticas, así como os informes das sesións prácticas, que incluirán os resultados obtidos nos ensaios realizados, así como a resposta ás preguntas formuladas. |
5 |
|
B6
|
C9
|
D9
|
Presentación |
O traballo realizado en pequenos grupos será avaliado a través da súa defensa pública, mediante unha rúbrica previamente coñecida. Terase en conta a información achegada, bibliografía consultada, a estruturación dos contidos, a claridade da presentación e as respostas ofrecidas no debate final co profesor e o resto do alumnado |
10 |
|
B4 B6
|
C9
|
D1 D5 D10
|
Exame de preguntas obxectivas |
1ª proba escrita na que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumnado nas sesións teóricas da materia.
Realizarase aproximadamente a mediados do cuadrimestre, na semana reservada polo centro |
30 |
|
B3 B4 B6
|
C9
|
D1 D5 D9 D10
|
Avaliación continua: (sistema de avaliación predeterminado). Constará de distintas probas realizadas durante a impartición da asignatura e unha proba final na data oficial, como se indica na táboa anterior, que recolle a porcentaxe de cada proba na nota total. A continuación preséntase un resumo: - 5% Entrega de informes, asistencia e participación en prácticas.
- 10% Exposición oral e defensa do traballo en grupo.
- 15% Exame escrito das sesións prácticas.
- 30%* Exame parcial I dos contidos teóricos da primeira parte da materia (realizarase na semana reservada polo centro a metade do cuadrimestre)
- 40%* Exame parcial II dos contidos teóricos no que se valorará a comprensión global da materia (realizarase na data oficial da 1a edición fixada polo centro). Requírese un mínimo do 30% da nota deste parcial para superar a materia.
- *o alumnado que deba deba presentarse a 2ª edición da avaliación (na data oficial fixada polo centro, exame de xullo) realizarán un único exame escrito que avaliará todos os contidos teóricos (tema avaliado nos exames parciais I e II) e que representará o 70% da nota.
Avaliación global: nas dúas edicións oficiais, a renuncia á avaliación continua e elección do sistema de avaliación global realizarase seguindo o procedemento e prazo que estableza o centro. A proba consistirá nun único exame escrito que terá un peso do 100% da nota e avaliaranse todos os contidos teóricos e prácticos da materia na data oficial. Convocatoria extraordinaria (setembro): realizarase na data previamente fixada polo centro. Considerarase o sistema global de avaliación e o exame escrito cubrirá todos os contidos teóricos e prácticos que suporán o 100% da nota. Para superar a materia, segundo o sistema de avaliación: - Na 1ª edición: A suma das puntuacións das diferentes probas deberá acadar un mínimo de 5 sobre 10 e debe obterse un mínimo do 30% no II parcial, é dicir, 1,2 puntos sobre 4.
- Na 2ª edición: A suma das puntuacións das distintas probas deberá acadar un mínimo de 5 sobre 10 e un mínimo do 40% no exame, é dicir, 2,8 puntos sobre 7.
- Se non se acadan os mínimos esixidos, a nota máxima que figurará na Acta será de 4,5 puntos.
Avaliación global: deberá acadarse un mínimo de 5 sobre 10.
|