Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Ciencia e tecnoloxía dos materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Avaliarase a asistencia e a participación do alumnado nas clases prácticas, así como os informes das sesións prácticas, que incluirán os resultados obtidos nos ensaios realizados, así como a resposta ás preguntas formuladas. 5 B6
C9
D9
Presentación O traballo realizado en pequenos grupos será avaliado a través da súa defensa pública, mediante unha rúbrica previamente coñecida. Terase en conta a información achegada, bibliografía consultada, a estruturación dos contidos, a claridade da presentación e as respostas ofrecidas no debate final co profesor e o resto do alumnado 10 B4
B6
C9
D1
D5
D10
Exame de preguntas obxectivas Nesta proba escrita avaliaranse os coñecementos adquiridos polo alumnado na parte práctica da materia. A proba constará de cuestións e exercicios. 15 B3
B4
B6
C9
D1
D5
D9
D10
Exame de preguntas obxectivas 1ª proba escrita na que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumnado nas sesións teóricas da materia.
Realizarase aproximadamente a mediados do cuadrimestre, na semana reservada polo centro
30 B3
B4
B6
C9
D1
D5
D9
D10
Exame de preguntas obxectivas 2ª proba escrita na que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo estudantado nas sesións teóricas da materia. Exíxese un mínimo do 30%)
Realizarase na data oficial da 1ª edición do exame fijada polo centro
40 B3
B4
B6
C9
D1
D5
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

  Avaliación continua: (sistema de avaliación predeterminado). Constará de distintas probas realizadas durante a impartición da asignatura e unha proba final na data oficial, como se indica na táboa anterior, que recolle a porcentaxe de cada proba na nota total. A continuación preséntase un resumo:

  • 5% Entrega de informes, asistencia e participación en prácticas. 
  • 10% Exposición oral e defensa do traballo en grupo. 
  • 15% Exame escrito das sesións prácticas. 
  • 30%* Exame parcial I dos contidos teóricos da primeira parte da materia (realizarase na semana reservada polo centro a metade do cuadrimestre)
  • 40%* Exame parcial II dos contidos teóricos no que se valorará a comprensión global da materia (realizarase na data oficial da 1a edición fixada polo centro). Requírese un mínimo do 30% da nota deste parcial para superar a materia.
  • *o alumnado que deba deba presentarse a 2ª edición da avaliación (na data oficial fixada polo centro, exame de xullo) realizarán un único exame escrito que avaliará todos os contidos teóricos (tema avaliado nos exames parciais I e II) e que representará o 70% da nota.

Avaliación global: nas dúas edicións oficiais, a renuncia á avaliación continua e elección do sistema de avaliación global realizarase seguindo o procedemento e prazo que estableza o centro. A proba consistirá nun único exame escrito que terá un peso do 100% da nota e avaliaranse todos os contidos teóricos e prácticos da materia na data oficial.

Convocatoria extraordinaria (setembro): realizarase na data previamente fixada polo centro. Considerarase o sistema global de avaliación e o exame escrito cubrirá todos os contidos teóricos e prácticos que suporán o 100% da nota.

Para superar a materia, segundo o sistema de avaliación:

Avaliación continua:

  • Na 1ª edición: A suma das puntuacións das diferentes probas deberá acadar un mínimo de 5 sobre 10 e debe obterse un mínimo do 30%  no II parcial, é dicir, 1,2 puntos sobre 4.
  • Na 2ª edición: A suma das puntuacións das distintas probas deberá acadar un mínimo de 5 sobre 10 e un mínimo do 40% no exame, é dicir, 2,8 puntos sobre 7.
  •  Se non se acadan os mínimos esixidos, a nota máxima que figurará na Acta será de 4,5 puntos.

Avaliación global: deberá acadarse un mínimo de 5 sobre 10.

Comportamento ético: Esperase que o alumno presente un comportamento ético adecuado na totalidade das actividades do curso, atendendo especialmente ao indicado nos Artigos 39, 40, 41 e 42 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo (aprobado no claustro do 18 de abril de 2023).

AVISO: No caso de discrepancias entre as distintas versións lingüísticas da guía, prevalecerá o indicado na versión en castelán.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000