Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Teoría de máquinas e mecanismos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Formularanse unha ou varias probas de resolución de problemas ao longo do cuadrimestre. Estas probas poderán realizarse a través da plataforma Moovi (de maneira virtual) ou presencialmente no horario establecido polo centro. A celebración destas probas será programada con suficiente antelación e de acordo coa normativa vixente. 30 B3
B4
C13
D2
D6
D9
D10
D16
Prácticas de laboratorio Resolución e entrega das tarefas previas a cada práctica.

Asistencia con aproveitamento ao Laboratorio/Aula informática, e entregas de memorias e/ou cuestionarios a través da plataforma online.

Ambas partes terán unha valoración máxima de 3 puntos da nota final. Para poder ser avaliado neste apartado, o alumno deberá asistir a un número mínimo de 7 prácticas.
Resultados de aprendizaxe: Avalíanse todos.
30 B3
B4
C13
D2
D6
D9
D10
D16
Resolución de problemas e/ou exercicios Evaluaranse nun exame final escrito na data establecida no calendario de exames. Nesta proba avaliaranse conxuntamente todos os contidos desenvolvidos na materia. Resultados de aprendizaxe: Avalíanse todos. 40 B3
B4
C13
D2
D6
D9
D10
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

1ª edición

A asignatura aprobarase se se obtén unha cualificación* igual ou superarior a 5 como nota final, do seguinte xeito:

  • A asistencia con aproveitamento ao Laboratorio/Aula informática, a cualificación das tarefas previas, as memorias e/ou cuestionarios en cada práctica e os traballos desenvolvidos terán unha valoración máxima de 3 puntos da nota final.

  • As probas de avaliación continua terán unha valoración máxima total de 3 puntos da nota final.

  • O exame final terá unha valoración máxima de 4 puntos da nota final. Establécese un mínimo de 1.5 sobre 4 no exame final para superar a materia. De non obter o mínimo no exame final, a cualificación final será a nota desta proba ponderada sobre 10.

2ª edición

Na segunda edición, poderanse recuperar as probas de resolución de problemas, de tal xeito que a proba final terá unha valoración máxima de 7 puntos cunha puntuación mínima de 2.5 (sobre 7). A cualificación final das persoas que non consigan o mínimo nesta parte será a cualificación da proba de resolución de problemas de segunda edición ponderada sobre 10 puntos.

Avaliación global

Aquelas persoas que opten ao sistema de avaliación global seguindo os mecanismos establecidos pola Escola de Enxeñaría Industrial serán avaliadas como segue:

  • Avaliación da parte práctica: Esta proba consiste na resolución dunha serie de cuestións relacionadas cos contidos impartidos nas sesións prácticas da materia. Terá unha valoración máxima de 3 puntos.

  • Proba de resolución de problemas e/ou exercicios: O exame final terá unha valoración máxima de 7 puntos da nota final. Establécese un mínimo de 2.5 sobre 7 nesta parte do sistema de avaliación. De non obter o mínimo na proba de exame final, a cualificación final será a nota desta proba ponderada sobre 10.

Compromiso ético

Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).

*Empregarase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003 do 5 de setembro, BOE do 18 de setembro).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000