Lección maxistral |
Exposición por parte do profesorado dos aspectos xerais do programa de forma estruturada,
facendo especial fincapé nos fundamentos e aspectos máis importantes ou de difícil
comprensión para o alumnado. O profesorado facilitará, a través de Moovi, o material
necesario para un correcto seguimento da materia. O alumnado deberá traballar previamente o
material entregado polo profesorado e consultar a bibliografía recomendada para completar a
información. |
Prácticas de laboratorio |
Realizaranse experimentos de laboratorio e prácticas de campo en empresas do sector biotecnolóxico. O alumnado disporá dos guións de prácticas así como do material de apoio necesario para unha adecuada comprensión dos experimentos a levar a cabo. O alumnado elaborará un informe final no que deberá recoller os principais resultados e conclusións, de acordo cunha guía que se lles facilitará a través da plataforma tem@. Estas prácticas serán avaliadas conxuntamente coas prácticas de campo |