Resolución de problemas e/ou exercicios |
Realizaranse probas parciais escritas, nas que se incluirán cuestións ou preguntas de resposta curta, e problemas, para a avaliación das competencias adquiridas en relación aos contidos da materia. |
30 |
|
B3
|
C4
|
D9 D16
|
Exame de preguntas obxectivas |
Realizarase un exame final, no que se incluirán preguntas curtas e problemas. |
30 |
|
B3 B4
|
C4
|
D2 D9 D16
|
1. Consideracións sobre a avaliación
continua. - A participación do estudante nalgún dos actos de
avaliación da materia implicará a condición de presentado/a e, por tanto, a
asignación dunha cualificación en actas. - É obrigatoria a
asistencia a un mínimo do 80% das prácticas de laboratorio, que non se poderán
recuperar. -
Para superar a materia, o alumnado deberá obter
como mínimo unha cualificación de 5 puntos sobre 10 en todos os apartados de
avaliación (prácticas de laboratorio, traballo, exame parcial, exame final).
Así, a cualificación global necesaria para aprobar a materia, resultante da
suma ponderada de todos os apartados de avaliación, será de 5 puntos sobre 10. -
O alumnado poderá renunciar ao sistema de
avaliación continua mediante o procedemento e no prazo establecidos polo
Centro. De ser solicitada e autorizada dita renuncia, o 100 % da cualificación
asignarase mediante a realización dun exame final, no que se poderán facer
preguntas sobre todos os coñecementos impartidos na materia, incluídos os
correspondentes ás clases prácticas.
2. Consideracións sobre os exames (parcial e
final). - Probas parciais. Durante o curso
realizarase unha proba parcial de carácter eliminatorio, que incluirá preguntas
de resposta curta e problemas ou exercicios, cun peso na cualificación global
do 30%. Para superar esta proba, deberase obter como mínimo unha cualificación
de 5 puntos sobre 10.
- Exame final 1ª oportunidade. Incluirá os
contidos non avaliados na proba parcial, e terá un peso relativo do 30% na
cualificación global da materia. En caso de non superar a proba parcial, darase
a oportunidade ao alumnado de repetir a avaliación dos contidos correspondentes,
na mesma data asignada para o exame final.
- Exame final 2ª oportunidade. O exame
poderá ter preguntas sobre todos os coñecementos impartidos na materia,
incluídos os correspondentes ás clases prácticas. O alumnado que obtivese a
cualificación mínima establecida nesta guía para os diversos apartados de
avaliación (prácticas de laboratorio, traballo, exame parcial), poderá
examinarse só do resto de contidos.
3. Consideracións sobre as actas - Acta de 1ª oportunidade. A cualificación
global será a suma ponderada das obtidas en todas as probas realizadas
(prácticas de laboratorio, presentación do traballo e exames escritos), sempre
que se teñan superado con cualificación igual ou maior que 5,0. En caso de
suspender ou non presentarse a un ou ambos dos exames escritos, na acta
reflectirase a cualificación de Suspenso, cun valor numérico obtido a partir da
suma ponderada das cualificacións das prácticas e presentación de traballo. Os
contidos aprobados, de laboratorio e da presentación do traballo realizado, resérvanse
para sumar coa cualificación obtida na convocatoria correspondente á segunda
edición da acta.
- Acta de 2ª oportunidade. A cualificación
será a obtida ao sumar, coa ponderación establecida, a reflectida na primeira
edición da acta coa obtida no exame correspondente á convocatoria
extraordinaria, sempre que esta sexa igual ou superior a 5,0. No caso de que no
exame final obtéñase unha nota inferior a 5,0, na acta reflectirase unha nota
de Suspenso, cun valor numérico igual ao indicado na primeira edición.
4. Consideracións éticas. Espérase que o
estudantado presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos
non autorizados, e outros) considérase que o/a estudante non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global
no actual curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a
utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación
salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico
non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da
materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso
(0.0). Calendario actualizado de exames: https://eei.uvigo.es/gl/alumnado/planificacion-academica/calendario-de-exames/ Profesora
responsable de grupo: María Asunción Longo González |