Presentación |
Realizarase unha exposición do traballo tutelado realizado durante o curso, que se valorará en base á súa claridade, rigor e demostración do coñecemento adquirido sobre o tema. |
10 |
|
|
|
D1 D3 D16 D17
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Realizaranse probas escritas, nas que se incluirán preguntas de desenvolvemento, para a avaliación das competencias adquiridas en relación aos contidos da materia. |
30 |
|
B3 B4
|
C16 C19
|
D1 D2 D3 D9
|
1. Consideracións
sobre a avaliación continua. - A participación do
estudante nalgún dos actos de avaliación da materia implicará a condición de
presentado/a e, por tanto, a asignación dunha cualificación en actas.
- É obrigatoria a
asistencia a un mínimo do 80% das prácticas (laboratorio, saídas de campo,
seminarios), que non se poderán recuperar.
- Para superar a materia,
o alumnado deberá obter como mínimo unha cualificación de 5 puntos sobre 10 no
exame parcial e no exame final, e un mínimo de 4 puntos sobre 10 en cada un dos
outros apartados de avaliación (prácticas de laboratorio/seminarios, traballo).
En calquera caso, a cualificación global necesaria para aprobar a materia,
resultante da suma ponderada de todos os apartados de avaliación, será de 5
puntos sobre 10.
- O alumnado poderá
renunciar ao sistema de avaliación continua mediante o procedemento e no prazo
establecidos polo Centro. De ser solicitada e autorizada dita renuncia, o 100 %
da cualificación asignarase mediante a realización dun exame final, no que se poderán
facer preguntas sobre todos os coñecementos impartidos na materia, incluídos os
correspondentes ás clases prácticas.
2. Consideracións
sobre os exames (parcial e final). ·
Probas parciais. Durante o curso realizarase unha proba parcial de carácter
eliminatorio, que incluirá problemas e/o exercicios, así como preguntas de
desenvolvemento, e que terá un peso na cualificación global do 30 %. Para
superar esta proba, deberase obter como mínimo unha cualificación de 5 puntos
sobre 10. - Exame final 1ª oportunidade.
Incluirá os contidos non avaliados na proba
parcial, e terá un peso relativo do 30 % na cualificación global da materia. En caso de non superar a proba
parcial, darase a oportunidade ao alumnado de repetir a avaliación dos contidos
correspondentes, na mesma data asignada para o exame final
- Exame final 2ª oportunidade.
O exame poderá ter preguntas sobre todos os
coñecementos impartidos na materia, incluídos os correspondentes ás clases
prácticas. O alumnado que obtivese a
cualificación mínima establecida nesta guía para os diversos apartados de
avaliación (prácticas de laboratorio/seminarios, traballo, exame parcial),
poderá examinarse só do resto de contidos.
3. Consideracións
sobre as actas - Acta de 1ª
oportunidade. A cualificación global será a
suma ponderada das obtidas en todas as probas realizadas (prácticas, traballo, exame
parcial e exame final), sempre que se teñan superado as cualificacións mínimas
esixidas (4 puntos sobre 10 en prácticas e traballo, 5 puntos sobre 10 en
exames parcial e final). En caso de suspender ou non
presentarse ao exame parcial e/ou ao final, na acta reflectirase a
cualificación de Suspenso, cun valor numérico resultante da suma ponderada das
cualificacións de prácticas e traballo, aplicando as porcentaxes de
contribución á nota global especificadas nesta guía; os contidos aprobados
nestes dous apartados consideraranse como superados con vistas á convocatoria
correspondente á segunda edición da acta.
- Acta de 2ª
oportunidade. A cualificación global será a
suma ponderada das obtidas en todas as probas realizadas, sempre que se teñan
superado as cualificacións mínimas esixidas. En caso de suspender ou non
presentarse ao exame final, na acta reflectirase a cualificación de Suspenso,
cun valor numérico resultante da suma ponderada das cualificacións de prácticas
e traballo, aplicando as porcentaxes de contribución á nota global especificadas
nesta guía
4. Consideracións éticas Espérase que o
alumnado presente un comportamento ético adecuado no que concierne a copia,
plaxio, utilización de dispositivos electrónicos non autorizados ou compromiso
co traballo colaborativo. En caso contrario, considerarase que o alumnado non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a cualificación
global no presente curso académico será de suspenso (0.0). Por último, non
se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas
de avaliación salvo autorización expresa. No caso de detectar a súa presenza na
aula de exame será considerado un motivo de non superación da materia no actual
curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). Calendario
de exames actualizado: https://eei.uvigo.es/gl/alumnado/planificacion-academica/calendario-de-exames/ Profesora responsable de grupo: María Asunción
Longo González |