Presentación |
A exposición do proxecto realizado durante os traballos tutelados será avaliada por un tribunal composto por profesores do departamento de enxeñaría química e/ou profesionais do sector privado do ámbito da enxeñaría química |
5 |
|
B3 B4
|
C19
|
D1 D2
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Realizaranse probas escritas, nas que se incluirán cuestións ou exercicios de resposta curta e problemas, para a avaliación das competencias adquiridas en relación aos contidos da materia. |
35 |
|
B3 B4
|
C19
|
D1 D2
|
Exame de preguntas obxectivas |
Ao finalizar cada bloque de temas, o profesorado poderá realizar probas escritas con preguntas que deberán ser contestadas con brevidade, mediante as cales o alumnado poderá analizar o grao de consecución dos obxectivos parciais. |
10 |
|
|
|
|
Detalles sobre avaliación e cualificacións 1. Consideracións sobre a avaliación
continua. - A participación do estudante nalgún dos actos de
avaliación da materia implicará a condición de presentado/a e, por tanto, a
asignación dunha cualificación en actas.
- É obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80%
das prácticas de laboratorio, que non se poderán recuperar.
- Para superar a materia, o alumnado deberá obter
como mínimo unha cualificación de 5 puntos sobre 10 no exame parcial e no exame
final, e un mínimo de 4 puntos sobre 10 en cada un dos outros apartados de
avaliación (prácticas de laboratorio, memoria e presentación de traballo
tutelado, exames de preguntas obxectivas). En calquera caso, a cualificación
global necesaria para aprobar a materia, resultante da suma ponderada de todos
os apartados de avaliación, será de 5 puntos sobre 10.
- O alumnado poderá renunciar ao sistema de
avaliación continua mediante o procedemento e no prazo establecidos polo
Centro. De ser solicitada e autorizada dita renuncia, o 100 % da cualificación
asignarase mediante a realización dun exame final, no que se poderán facer
preguntas sobre todos os coñecementos impartidos na materia, incluídos os
correspondentes ás clases prácticas.
2.
Consideracións sobre os exames (parcial e
final). - Probas parciais. Durante o curso
realizarase unha proba parcial de carácter eliminatorio, que incluirá problemas
e/o exercicios, así como preguntas de desenvolvemento, e que terá un peso na
cualificación global do 35 %. Para superar esta proba, deberase obter como
mínimo unha cualificación de 5 puntos sobre 10.
- Exame final 1ª oportunidade. Incluirá os
contidos non avaliados na proba parcial, e terá un peso relativo do 35 % na
cualificación global da materia. En caso de non superar a proba parcial, darase a
oportunidade ao alumnado de repetir a avaliación dos contidos correspondentes,
na mesma data asignada para o exame final.
- Exame final 2ª oportunidade. O exame
poderá ter preguntas sobre todos os coñecementos impartidos na materia,
incluídos os correspondentes ás clases prácticas.O alumnado que obtivese a cualificación mínima
establecida nesta guía para os diversos apartados de avaliación (prácticas de
laboratorio, memoria e presentación de traballo tutelado, exames de preguntas
obxectivas, exame parcial), poderá examinarse só do resto de contidos.
3.
Consideracións sobre as actas
- Acta de 1ª oportunidade. A cualificación
global será a suma ponderada das obtidas en todas as probas realizadas
(prácticas de laboratorio, memoria e presentación do traballo, exames de
preguntas obxectivas, exame parcial e exame final), sempre que se teñan
superado as cualificacións mínimas esixidas (4 puntos sobre 10 en prácticas de
laboratorio, memoria e presentación de traballo tutelado e exames de preguntas
obxectivas, 5 puntos sobre 10 en exames parcial e final).
En caso de suspender ou non presentarse ao exame
parcial e/ou ao final, na acta reflectirase a cualificación de Suspenso, cun
valor numérico resultante da suma ponderada das cualificacións de prácticas de
laboratorio, traballo e exames de preguntas obxectivas, aplicando as
porcentaxes de contribución á nota global especificadas nesta guía; os contidos
aprobados nestes tres apartados consideraranse como superados con vistas á
convocatoria correspondente á segunda edición da acta. - Acta de 2ª oportunidade. A cualificación
global será a suma ponderada das obtidas en todas as probas realizadas, sempre
que se teñan superado as cualificacións mínimas esixidas.
En caso de suspender ou non presentarse ao exame final, na
acta reflectirase a cualificación de Suspenso, cun valor numérico resultante da
suma ponderada das cualificacións de prácticas de laboratorio, traballo e
exames de preguntas obxectivas, aplicando as porcentaxes de contribución á nota
global especificadas nesta guía Consideracións éticas Espérase que o
alumno presente un comportamento ético adecuado no que concierne a copia,
plaxio, utilización de dispositivos electrónicos non autorizados ou compromiso
co traballo colaborativo. En caso contrario, considerarase que o alumno non
reune os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a
cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). Por último, non
se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas
de avaliación salvo autorización expresa. No caso de detectar a súa presenza na
aula de exame será considerado un motivo de non superación da materia no actual
curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). Calendario de exames actualizado:
https://eei.uvigo.es/gl/alumnado/planificacion-academica/calendario-de-exames/ Profesora responsable de grupo: María Asunción Longo González |