Resolución de problemas |
A través desta metodoloxía realizarase a resolución de exemplos e exercicios ilustrativos da materia impartida nas sesións maxistrais co fin de facilitar a comprensión do material dado nas sesións maxistrais. Buscarase a interacción profesor-alumno solicitando a participación do alumno na resolución activa dos exercicios. |
Traballo tutelado |
Ao longo do curso, os alumnos elaborarán traballos utilizando diferentes ferramentas TIC para aplicar a aprendizaxe colaborativa na aula e fóra dela (Podcast educativos, infografías, minipresentacións, notas de voz, vídeos educativos, ... Estes traballos daranse a coñecer a través de redes sociais e en xornadas divulgativas a celebrar na escola". |