Exercicios e/ou "Probas parciais" que se fagan e entreguen ó profesor ó longo do curso, relacionados cos conceptos e contidos da materia.
Ó longo do cuadrimestre cada alumno/a deberá entregar varios exercicios, resoltos de xeito autónomo.
As competencias CG3 e CE19 avalianse en función das respostas do alumno ás cuestións de teoría e da resolución dos problemas plantexados. En ámbolos dous casos, o alumno, deberá aplicar coñecementos específicos desta materia xunto con coñecementos de materias básicas cursadas con anterioridade.
As competencias CT2, CT9 e CT10 avalianse na resolución, por parte do alumno, de problemas relacionados co temario. Neste caso, ademáis de saber aplicar coñecementos, tamén deberá demostrar a súa capacidade para resolver problemas de xeito autónomo.
25
B3
C19
D2 D9 D10
Exame de preguntas obxectivas
Probas escritas na que o/a alumno/a deberá dar resposta a varias cuestións teóricas relacionadas co temario da materia.
Ó longo do cuadrimestre faranse dúas probas, unha delas a metade do cuadrimestre (T-1) e outra o remate das clases (T-2), en ámbolos dous casos nas datas fixadas polo centro. Cada unha delas avaliarase sobre 10 ptos e representará un 50% da valoración total deste item.
As competencias CG3, CG4 e CE19 avalíanse en función das respostas do alumno ás cuestións plantexadas.
Tamén se avalía a competencia CT10 pois o resultado acadado nestas probas é unha medida do traballo feito polo alumno de xeito autónomo.
24
B3 B4
C19
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios
Probas escritas que consisten na resolución de varios problemas relacionados co temario da materia.
Ó longo do cuadrimestre faranse dúas probas, unha delas a metade do cuadrimestre (P-1) e outra ó remate das clases (P-2), en ámbolos dous caos nas datas fixadas polo centro. Cada unha delas avaliarase sobre un máximo de 10 ptos e representará un 50% da valoración total deste item.
As competencias CE19, CT2 e CT9 avalíanse en base á resolución por parte do alumno de varios problemas de Enxeñería Química, para o cal terá que aplica-los coñecementos adquiridos no Aula.
Tamén se avalía a competencia CT10 pois o resultado acadado nestas probas é unha medida do traballo feito polo alumno de xeito autónomo.
36
C19
D2 D9 D10
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas
Informe detallado sobre cada unha das prácticas feitas no laboratorio, no cal deberase explicar o traballo feito no laboratorio, incluir os datos obtidos, a sua análise e as conclusións que deles se deriven. Ademais, tamén deberase poñe-lo obxectivo da práctica e, de selo caso, incluir os fundamentos teóricos nos que se basa a práctica feita.
Cada informe deberá entregarse individualmente na semán seguinte á de realización da práctica, e sempre antes de ter unha nova sesión de laboratorio.
Consideraranse varios formatos diferentes de presentación dos resultados das prácticas: Memoria de prácticas, presentación en PowerPoint, póster, artígo científico, video, etc.
En ningún caso, se avaliará o informe presentado por un/unha alumno/a que non fixera con anterioridade a práctica no laboratorio.
As competencias CG3, CG4, CT6 e CT9 avalíanse en base á calidade do informe feito polo alumno ó rematar cada una das prácticas, valorándose a redacción, estructura e presentación do mismo, a análise e o tratamiento de resultados feito, así como as conclusión acadadas.
A competencia CT17 avalíase en base ó traballo feito no laboratorio, onde as prácticas fanse en grupos de 2 alumnos. Ademáis, o informe de prácticas débese elaborar e presentar en grupo.
15
B3 B4
D6 D9 D17
Outros comentarios sobre a Avaliación
PRIMEIRA CONVOCATORIA:
1. Modalidade de avaliación continua
Considerarase que un/unha estudante
cursa a materia en réxime de avaliación
continua, sempre e cando non renunciara oficialmente a dita modalidade de avaliación,
é decir, sempre que non solicitara oficialmente o cambio á "modalidade de avaliación global", nos prazos fixados pola dirección da E.E.I. a tal
fin.
A cualificación final dos/as
estudantes que cursen a materia en réxime de avaliación continua farase
dacordo aos seguintes criterios:
a) Obrigatoriedade de
facer tódalas probas programadas nos apartados "Exame de preguntas
obxectivas" (T-1 e T-2) e "Resolución de problemas e/ou exercicios" (P-1 e P-2)
Tódalas probas avaliaranse sobre un máximo de 10
puntos, de xeito que para aprobalas o/a estudante terá que acadar unha
cualificación ≥ 5 puntos.
NON aprobará a materia quen nalgunha das catro probas programadas (T-1, T-2,
P-1 ou P-2) non acade una nota ≥ 4 puntos.
b) Obrigatoriedade de face-las "Prácticas
de laboratorio" e entrega-los informes
correspondentes
As prácticas avaliaranse sobre un máximo de 10 puntos,
de xeito que para aprobalas o/a estudante terá que acadar unha cualificación ≥
5 puntos.
NON aprobará a materia quen non acade una nota ≥ 4 puntos.
Ademais, para supera-la materia un/unha alumno/a non poderá faltar, se causa xustificada, a mais de 1 práctica de laboratorio. (Se, excepcionalmente, non poder asistir no horario fixado a algunha das prácticas, se lle facilitará a recuperación da mesma nun horario consensuado entre o estudante e o profesor).
c) O/A estudante que cumpra as condicións dos apartados
(a) e (b) aprobará a materia a condición de que a suma das
cualificacións ponderadas obtidas en tódalas probas de avaliación recollidas
nesta guía sexa ≥ 5 puntos.
En canto as probas "Exame de preguntas obxectivas" e "Resolución de problemas e/ou exercicios":
As probas T-1 e P-1 faranse no mesmo dia, a metade do cuadrimestre, e na data fixada pola E.E.I. Nelas o alumnado deberá dar resposta a varias preguntas teóricas e resolver problemas relacionados cos contidos dos dous primeiros temas do temario da materia.
Se un estudante non acada unha nota ≥ 4 puntos en T-1 ou en P-1, e aproba a outra proba, na 2º convocatoria (xullo) só deberá repeti-la proba suspensa.
As probas T-2 e P-2 faranse no mesmo dia, unha vez rematadas as clases, e na data fixada pola E.E.I. Nelas o alumnado deberá dar resposta a varias preguntas teóricas e resolver problemas relacionados cos contidos dos dous derradeiros temas do temario da materia.
Se un estudante non acada unha nota ≥ 4 puntos en T-2 ou en P-2, e aproba a outra proba, na 2º convocatoria (xullo) só deberá repeti-la proba suspensa
2. Modalidade de avaliación global
Aqueles estudantes aos que a Dirección da E.E.I. lles conceda o cambio á "modalidade de avaliación global" , farán un "exame final" de teoría e problemas (Exame de preguntas obxectivas + Resolución de problemas e/ou exercicios) que valerá o 85% da nota final, e un exame de prácticas que valerá o 15% da nota final. En calquera caso, para aproba-la materia, o alumno debe acadar o 50% da nota máxima en cada unha das partes que constitúen a materia, é dicir, teoría, problemas e prácticas.
SEGUNDA CONVOCATORIA:
Na segunda convocatoria aplicaranse os mesmos criterios.
En relación co exame de Xullo, manterase a cualificación da "Resolución de problemas de forma autónoma" e do "Informe de prácticas", sempre e cando se superase a nota mínima esixida na primeira convocatoria.
Se na 1ª convocatoria un/unha alumno/a aproba, cunha nota ≥ 5, algunha das probas recollidas en "Exame de preguntas obxectivas" (probas T-1 e T-2) ou en "Resolución de problemas e/ou
exercicios" (probas P-1 e P-2), en Xullo soamente terá que repeti-las probas suspensas.
Compromiso ético:
Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento "non ético" (copia, plaxio, emprego de dispositivos electrónicos non autorizados, etc.) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para supera-la materia. Nese caso a cualificación global no presente curso académico será de SUSPENSO (0,0 ptos).
Non se permitirá o emprego de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, agás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado no aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico, e a cualificación global será de SUSPENSO (0,0 ptos).
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000