Educational guide 2024_25
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Materias
  Xestión e mantemento de activos empresariais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Proba de avaliación continua que se realizará nas clases de prácticas consistente na resolución dalgún caso, exercicio ou situación similar ás desenvolvidas durante as prácticas da materia. 30 B1
C23
D5
D6
D9
Exame de preguntas obxectivas 2 Teórico-Prácticas: Probas de avaliación continua de igual peso (35%) que se realizarán ao longo do curso, nas clases de teoría, distribuídas de forma uniforme e programadas para que non interfiran no resto das materias. 70 B1
C23
D5
D6
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Compromiso ético:

Espérase que o alumno presente un comportamento éticoadecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) consideraraseque o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nestecaso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso(0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónicodurante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducirun dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame seráconsiderado motivo de non superación da materia no presente cursoacadémico e a cualificación global será de suspenso (0.0).

OUTROS COMENTARIOS

En todos os casos, en cada proba (teórico-práctica ou de exercicios) debe alcanzarse un mínimo de 4 puntos para que se poida compensar con réstoo de notas. Soamente poderase compensar unha proba cando o resto das notas estean por encima do valor mínimo (4).Aclaración A modo de exemplo, un alumno que teña as seguintes puntuacións: 4, 4 e 7 compensaría as partes coa nota de 4 e superaría a materia. No caso de que as notas obtidas fosen 3, 4 e 8 NON compensa a materia e tampouco compensa a proba coa nota de 4 (xa que o resto das notas non cumpren a condición do valor mínimo de 4 puntos). Neste último caso o alumno tería que ir a Xaneiro/Xuño coa proba reducida ou ampliada, segundo o caso. Sinalar que á hora de facer a media entre as diferentes partes debe terse en conta a ponderación das mesmas.

AVALIACIÓN CONTINUA (cualificación sobre 10) 

Para superar a materia por Avaliación Continua deben cumprirse os seguintes puntos: 

1. É imprescindible realizar con aproveitamento as prácticas da materia asistindo ás mesmas e entregando a resolución dos exercicios propostos. O comportamento inadecuado nas clases penalizarase coma se fose unha falta. 

2. Débense superar (e/o compensar) todas as probas (teórico-prácticas e de exercicios). Os alumnos que superen a Avaliación Continua quedarán exentos delas convocatorias oficiais. Con todo, poderán presentarse no caso de que queiran optar a maior nota. No caso de superar a Avaliación Continua e presentarse ás convocatorias oficiais, a nota final será a que se obteña como resultado de ambas as probas. 

CONVOCATORIAS OFICIAIS (cualificación sobre 10) 

Os alumnos que NON superen a avaliación continua e teñan soamente una das probas pendente, poderán recuperar esta unicamente na convocatoria de Xaneiro/Xuño. No resto dos casos:

a) Aqueles alumnos que desenvolvan con aproveitamento as prácticas (é dicir, que asistan e entreguen as resolución das mesmas), realizarán unha proba teórico-práctica reducida.

b) Aqueles alumnos que non cumpran a condición das prácticas, realizarán unha proba teórico-práctica ampliada que cubrirá os exercicios/casos tratados nas prácticas da materia.

Cualificación final:

A nota final do alumno calcularase a partir das notas das distintas probas tendo en conta a ponderación destas (probas teórico-prácticas 70% dos contidos da materia e proba da parte de prácticas 30%). En calquera caso, para superar a materia é condición necesaria superar todas a partes ou ben ter unha media de aprobado sen que ningunha das notas sexa inferior a 4 (nota mínima para compensar). Nos casos nos que a nota media sexa igual ou superior ao valor de aprobado, pero nalgunha das probas non se alcance o valor mínimo de 4, a cualificación final será de suspenso. A modo de exemplo, un alumno que obteña as seguintes cualificacións: 5, 9 e 1estaría suspenso, aínda cando a nota media dá un valor de 5, ao ter unha das partes por baixo da nota de corte (4). Nestes casos, a nota que se reflectirá no acta será de suspenso (4).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000