Avaliación continua – Primeira oportunidade Durante o cuadrimestre realizaranse dúas probas escritas parciais (P1 e P2) que cubrirán os contidos teóricos das clases maxistrais. Cada un deles representará o 20% da nota da materia (40% en total). Os contidos teóricos avaliados en P1 non serán avaliados en P2. Na data oficial do exame da materia (E1), realizarase unha proba escrita que abordará a resolución de problemas dos contidos vistos ao longo do cuadrimestre. Esta proba representará o 40% da nota da materia. A maiores, o alumnado deberá realizar un traballo (T) que representará o 20% da nota da materia. O devandito traballo poderá ser sometido ó sistema antiplaxio e a porcentaxe máxima admisible de plaxio será do 33%. A nota final calcularase como: P1+P2+E1+T
Avaliación continua – Segunda oportunidade O exame de segunda oportunidade (E2) consistirá nunha proba escrita, cunha puntuación do 40%, que abordará a resolución de problemas dos contidos vistos ó longo da materia. Aqueles alumnos que o soliciten serán avaliados de novo dos contidos teóricos avaliados previamente en P1 e P2 na súa totalidade. Neste caso, realizarase unha proba adicional (PA) na mesma data oficial do exame de segunda oportunidade que computará o 40%. Mantense a cualificación do traballo e non é recuperable. A nota final calcularase como: P1+P2+E2+T, ou aqueles que soliciten ser avaliados de novo, E2+PA+T. Avaliación global O alumno que solicite oficialmente a renuncia á avaliación continua terá dereito a unha proba global (EG), escrita, cunha puntuación do 80%, na que se avaliarán os contidos teóricos e a resolución de problemas vistos ó longo do curso. en idénticas proporcións á avaliación continua. Ademais, o 20% restante avaliarase mediante unha pregunta adicional na que o estudante realizará unha disertación escrita (DE) sobre un tema elixido dunha lista proposta. A nota final calcularase como a suma de EG e DE. Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considerarase que o alumno non reune os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a calificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de evaluación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a calificación global será de suspenso (0.0). |