Código |
Descrición |
B1 |
CG1 Capacidade para a redacción, sinatura e desenvolvemento de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial, que teñan por obxecto, dentro do campo de Electrónica Industrial e Automática, a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de: estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais, e procesos de fabricación e automatización. |
B2 |
CG2 Capacidade para a dirección das actividades obxecto dos proxectos de enxeñaría descritos na competencia CG1. |
B3 |
CG3 Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e os dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións. |
B4 |
CG4 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e capacidade para comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial no campo de Electrónica Industrial e Automática. |
B10 |
CG10 Capacidade para traballar nun medio multilingüe e multidisciplinar. |
B12 |
CG12 Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñería Industrial no campo de Electrónica Industrial e Automática de natureza
profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nos ensinos. |
D4 |
CT4 Comunicación oral e escrita de coñecementos en lingua estranxeira. |
D12 |
CT12 Habilidades de investigación. |
D13 |
CT13 Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega |