Traballo tutelado |
Proporanse uns traballos que se exporán en horario de clase. Estes traballos buscan que o
alumno aplique a teoría básica exposta en clase a sistemas reais e desta forma entenda esa teoría e como se pon en práctica. Realizaranse en grupo para fomentar o traballo en grupo. |
Estudo previo |
Traballo previo clase maxistral: o alumno debe ler o tema con antelación para estar
en condicións de expor as dúbidas que lle xurdisen.
Traballo previo resolución problemas: o alumno debe polo menos tentar resolver os
problemas propostos para entender mellor a súa resolución.
Traballo previo laboratorio: o alumno debe ler e preparar a práctica con antelación para
o seu correcto aproveitamento. |
Prácticas de laboratorio |
Prácticas de laboratorio sobre equipos Promax EC-796, adestradores de comunicacións dixitais,
onde verán na práctica os sistemas de comunicacións dixitais. |