Para matricularse nesta materia é aconsellable e necesario superar, ou ben estar matriculado de todas as materias dos cursos inferiores ao curso en que está situada esta materia, especialmente "Fundamentos de teoría de circuítos e máquinas eléctricas" (V12G330V01303)
É moi importante que o alumnado manteña actualizado o seu perfil na plataforma Moovi da materia, pois calquera comunicación colectiva relativa á mesma realizarase a través do foro de noticias asociado.
As comunicacións individuais realizaranse a través da dirección de correo do profesorado que figure no perfil.
Os estudantes deben cumprir inexcusablemente os prazos establecidos para as diferentes actividades.
|