Nota de prácticasA nota de prácticas [PL] obtense das notas das 5 prácticas de laboratorio, coa seguinte fórmula: PL = ( P1 + P2 + P3 + P4 + P5 ) / 5 Non facer unha práctica implica que a nota nesa práctica é cero. Convocatoria ordinaria por avaliación continuaA nota que pasará á acta [NAEC] será a suma ponderada das notas de prácticas e de autoevaluación, calculada pola fórmula: NAEC = 0,2 * PL + 0,2 * EP1 + 0,2 * EP2 + 0,4 * EP3 Convocatoria ordinaria por avaliación globalSerá necesario presentarse a un exame teórico [NTEG], na data establecida polo centro para a convocatoria ordinaria, e un exame práctico de laboratorio [NPEG], en data a acordar dependendo da disponibilida de laboratorios e non coincidencia con outros exames do mesmo curso. Cada un destes exames avaliarase sobre unha puntuación de 10 puntos. Se se realiza o exame teórico, e o estudante non se presenta ao práctico, a nota [NPEG] valerá 0. A nota que pasará á acta [NAEG] será a calculada pola fórmula: NAEG = ( NTEG + NPEG ) / 2 Convocatoria extraordinaria por avaliación continuaNesta convocatoria conservarase a nota de prácticas da convocatoria ordinaria [PL], e será necesario presentarse a un exame teórico [ETEC], que avaliará todos os contidos da materia. A nota que pasará á acta [NAEEC] será a suma ponderada das notas de prácticas e do exame teórico de acordo á seguinte fórmula NAEEC = 0,2 * PL + 0,8 * ETEC Convocatoria extraordinaria por avaliación globalSerá necesario presentarse a un exame teórico [NTEEG], na data establecida polo centro para a convocatoria ordinaria, e un exame práctico de laboratorio [NPEEG], en data a acordar dependendo da disponibilida de laboratorios e non coincidencia con outros exames do mesmo curso. Cada un destes exames avaliarase sobre unha puntuación de 10 puntos. Se se realiza o exame teórico, e o estudante non se presenta ao práctico, a nota [NPEEG] valerá 0. A nota que pasará á acta [NAEEG] será a calculada pola fórmula: NAEEG = ( NTEEG + NPEEG ) / 2 Convocatoria fin de carreiraSerá necesario presentarse a un exame teórico [NTFDC], na data establecida polo centro para a convocatoria ordinaria, e un exame práctico de laboratorio [NPFDC], en data a acordar dependendo da disponibilida de laboratorios e non coincidencia con outros exames do mesmo curso. Cada un destes exames avaliarase sobre unha puntuación de 10 puntos. Se se realiza o exame teórico, e o estudante non se presenta ao práctico, a nota [NPFDC] valerá 0. A nota que pasará á acta [NAFDC] será a calculada pola fórmula: NAFDC = ( NTFDC + NPFDC ) / 2 RecomendaciónsNas diferentes probas escritas, aconséllase ao alumnado que xustifique todos os resultados que alcancen.Á hora de puntuar as cuestións, tanto de laboratorio como de probas escritas, non se dará ningún resultado por sobreentendido e terase en conta o método empregado para chegar á solución proposta.Recoméndase, na presentación dos diversos exercicios, non presentar faltas de ortografía e caracteres ou símbolos ilexibles, porque afectarán a puntuación final.Non se corrixirán os exames aos que lle falte algunha das follas que acompañan ao enunciado. Durante a realización das probas non se poderá utilizar apuntamentos nin dispositivos electrónicos, coa excepción de calculadoras.Compromiso éticoEspérase que quen curse a materia presente un comportamento ético correcto. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0) e notificarase á dirección do centro para os efectos oportunos.
|