1. AVALIACIÓN CONTINUA (EC)
A cualificación final G inclúe as cualificacións sobre os contidos de aula (peso 80%) e de laboratorio (peso 20%).
1.1. CUALIFICACIÓN DE AULA
Obterase mediante dous bloques de probas teórico-prácticas, ós que nos referiremos coas letras C (curso) e F (final), cada un cun peso do 40% de G.
Na oportunidade ordinaria realizaranse probas durante o curso (cualificación C0) e una proba final (cualificación F1). O mesmo día da proba F1 haberá unha proba opcional C1 substitutiva de C0, de modo que cada estudante poderá optar entre manter a súa cualificación C0 ou realizar a proba para obter unha nova cualificación C1 que substitúa a C0.
Na oportunidade extraordinaria haberá dúas probas, C2 e F2, equivalentes en contidos e metodoloxía de avaliación (preguntas obxectivas, de desenvolvemento e problemas) a C1 e F1, respectivamente. Na proba C2, cada estudante poderá optar entre manter a súa cualificación anterior do bloque C ou realizar a proba para obter unha nova cualificación que substitúa á anterior. Na proba F2, cada estudante poderá optar entre manter a súa cualificación anterior do bloque F ou realizar a proba para obter unha nova cualificación que substitúa á anterior.
1.2. CUALIFICACIÓN DE LABORATORIO
Na oportunidade ordinaria, durante o curso poderase obter unha cualificación L0 que consta de dous bloques, cada un cun peso do 10% de G: probas teórico-prácticas (cualificación L0E), e informes de prácticas (cualificación L0I): L0 = L0E + L0I. Para obter unha cualificación L0 será necesario ter asistido a todas as sesións de laboratorio. En caso contrario, L0 = 0,0. O mesmo día da proba F1 haberá unha proba opcional teórico-práctica L1 substitutiva de L0, de modo que cada estudante poderá optar entre manter a súa cualificación anterior L0 ou realizar a proba para obter unha nova cualificación L1 que substitúa a L0.
Na oportunidade extraordinaria haberá unha proba teórico-práctica L2, equivalente en contidos e metodoloxía de avaliación a L1. Na proba L2, cada estudante poderá optar entre manter a súa cualificación anterior de laboratorio ou realizar a proba para obter unha nova cualificación que substitúa á anterior.
1.3. CUALIFICACIÓN FINAL
G = C (40%) + F (40%) + L (20%)
onde C é a máis recente das cualificacións do bloque C, F é a máis recente das cualificacións do bloque F, e L é a máis recente das cualificacións de laboratorio.
2. AVALIACIÓN GLOBAL (EG)
Unicamente poderán optar a esta modalidade de avaliación os estudantes que teñan concedida a renuncia á avaliación continua.
A cualificación final G inclúe as cualificacións sobre os contidos de aula (peso 80%) e de laboratorio (peso 20%).
2.1. CUALIFICACIÓN DE AULA
Obterase mediante unha proba teórico-práctica (cualificación que denominaremos A1 na oportunidade ordinaria e A2 na extraordinaria). Na proba A2, cada estudante poderá optar entre manter a súa cualificación anterior de aula ou realizar a proba para obter unha nova cualificación que substitúa á anterior.
2.2. CUALIFICACIÓN DE LABORATORIO
Obterase mediante unha proba teórico-práctica (cualificación que denominaremos L1 na oportunidade ordinaria e L2 na extraordinaria). Na proba L2, cada estudante poderá optar entre manter a súa cualificación anterior de laboratorio ou realizar a proba para obter unha nova cualificación que substitúa á anterior.
2.3. CUALIFICACIÓN FINAL
G = A (80%) + L (20%)
onde A é a máis recente das cualificacións de aula, e L é a máis recente das cualificacións de laboratorio.
3. AVALIACIÓN DE FIN DE CARREIRA
A avaliación na convocatoria de fin de carreira segue o mesmo esquema da avaliación global, coa excepción de que só hai unha oportunidade.
Cualificación final G da materia na convocatoria de fin de carreira:
G = A (80%) + L (20%).
4. NORMAS XERAIS
Para superar a materia é condición necesaria e suficiente ter obtido unha cualificación final superior ou igual a 5,0 nunha escala de 0 a 10.
Os estudantes que non se presenten a ningunha das probas (C, F, A, L) que se realizan o día da proba final, terán unha cualificación de “non presentado” nesa oportunidade.
Dentro das especificacións detalladas nos apartados anteriores, as probas poderán ter diferentes variantes dentro dun mesmo grupo de aula ou de laboratorio.
Compromiso ético: Espérase que o alumno mostre un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final na oportunidade de avaliación correspondente será de suspenso (0,0).
Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación agás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación da materia e a cualificación final na oportunidade de avaliación correspondente será de suspenso (0,0).