Avaliación continua en primeira oportunidade Ó longo do cuadrimestre o estudantado realizará prácticas de laboratorio, un traballo tutelado e un exame, sumando entre todos unha puntuación do 60% do total. O 40% restante da materia será avaliado na data oficial fixada polo centro, nun exame de preguntas obxectivas e resolución de problemas. Para superar a materia será necesario acadar unha cualificación mínima resultante da suma de todas as actividades avaliables, de 5 puntos, acadar un mínimo do 40% da nota máxima de cada unha das partes de cada exame( teoría e problemas) e un mínimo do 40% da nota máxima de cada unha das outras actividades avaliables(prácticas e traballo tutelado). Se nalgunha das probas non se alcanza a nota mínima e a suma de todas as cualificacións é superior a 5 puntos, a nota que aparecerá na acta será de suspenso (4 puntos). Avaliación continua en segunda oportunidade Mantense a nota acadada nas prácticas de laboratorio e no traballo tutelado. Realizarase un exame de preguntas obxectivas correspondente co 40% (4 puntos) da nota e un exame de problemas correspondente co 20% (2 puntos) da nota. Para superar a materia será necesario acadar unha cualificación mínima resultante da suma de todas as actividades avaliables, de 5 puntos e acadar un mínimo do 40% da nota máxima correspondente a cada apartado (preguntas obxectivas, resolución de problemas, traballo tutelado e prácticas). Se nalgunha das probas non se alcanza a nota mínima e a suma de todas as cualificacións é superior a 5, a nota que aparecerá na acta será a de suspenso (4 puntos). Avaliación global: O alumnado que renuncie á avaliación continua será avaliado sobre todo o contido da materia (teoría, resolución de problemas e prácticas) que corresponderá co 100% da nota global. Para superar a materia será necesario acadar un mínimo do 40% da nota máxima correspondente a cada unha das partes (teoría, resolución de problemas e prácticas). Se nalgunha das probas non se alcanza a nota mínima e a suma de todas as cualificacións é superior a 5, a nota que aparecerá na acta será a de suspenso(4 puntos). Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). |