Resolución de problemas de forma autónoma |
O alumnado deberá resolver de xeito autónomo, e entregar periódicamente, os problemas ou exercicios formulados polo docente.
Valoraranse tanto os resultados acadados, como o procedemento seguido na súa execución.
Dacordo ca lexislación vixente, a cualificación final será numérica e estará comprendida entre 0 e 10. |
10 |
|
B3
|
C4
|
D2 D10
|
Exame de preguntas obxectivas |
A finalidade desta proba é avaliar o nivel de coñecementos teóricos acadado polo estudante nas sesións de aula. Será unha ou varias probas escritas tipo test, de resposta múltiple, nas que o alumno poderá acadar unha cualificación numérica comprendida entre 0 e 10, de acordo ca lexislación vixente. |
40 |
|
B3
|
C4
|
D10
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
A avaliación dos coñecementos acadados polo estudante nos seminarios de problemas, farase mediante unha proba escrita, na convocatoria oficial de exames, na que o alumno deberá resolver 4 ou 5 problemas relacionados ca materia obxecto de estudo.
A proba cualificaranse, segundo a lexislación vixente, cunha cualificación final numérica comprendida entre 0 e 10. |
40 |
|
B3
|
C4
|
D2 D10
|
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas |
O remate de cada práctica o estudante deberá responder a unha cuestión relacionada coa mesma ou elaborar un informe detallado, no que se inclúan aspectos tales como: obxectivo e fundamentos teóricos da práctica, procedemento seguido, materiais empregados, resultados obtidos e interpretación dos mesmos.
Valorarase, ademais do contido, a comprensión da práctica, a capacidade de síntese, a redacción e presentación do informe, así como a aportación persoal do alumno ou alumna.
A cualificación final, comprendida entre 0 e 10, será a media das cualificacións obtidas nos diferentes informes realizados ó longo do curso e/ou da proba oral ou escrita que o profesor poderá realizar de cada práctica. |
10 |
|
|
C4
|
D17
|
As probas tipo test de preguntas obxetivas e o exame de resolución de problemas soamente se considerarán na ponderación final cando teñan unha cualificación superior ou igual a 4. No caso de que a nota media sexa maior ou igual de 5, pero a cualificación da probas de preguntas obxectivas de teoría ou do exame de problemas sexa inferior a 4, será esa nota limitante, que non permite facer a media, a que figurará na acta. A asistencia a algunha sesión de prácticas ou a algunha proba de seminario implica que o estudante está a ser avaliado, polo que a súa cualificación na acta non poderá ser "non presentado". Aqueles estudantes que obteñan oficialmente a renuncia á avaliación continua realizarán, na data oficial de exames das dúas convocatorias, un exame de problemas e unha proba tipo test de teoría, que se ponderarán nun 50% cada unha das probas na súa cualificación final, sendo necesario obter unha cualificación superior ou igual a 4 en cada exame. Na data oficial de exame da segunda convocatoria realizarase una proba tipo test de preguntas obxectivas de teoría e una proba de problemas. Para a segunda convocatoria mantéñense as cualificacións obtidas nas prácticas de laboratorio e na resolución de problemas de forma autónoma, así como as cualificacións iguais ou superiores a 5 na proba tipo test de preguntas obxectivas de teoría ou do exame de problemas realizado na primeira convocatoria. Compromiso ético: Espérase que o estudante presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considérase que o estudante non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).
|