Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
A2 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B1 |
Capacidade de aprendizaxe autónomo |
B2 |
Capacidade de organización y planificación |
B3 |
Capacidade de xestión da información |
B4 |
Capacidade de análise e síntese |
B5 |
Capacidade de adaptarse a novas situacións e adoptar decisións |
C1 |
Capacidade para coñecer e comprender os feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química |
C2 |
Empregar correctamente a terminoloxía química, nomenclatura, conversións e unidades |
C3 |
Recoñecer e analizar problemas químicos, cualitativos e cuantitativos, presentando estratexias para solucionalos a través da avaliación, interpretación e síntese de datos e información química |
C4 |
Utilizar adecuadamente ferramentas informáticas para obter información, procesar datos, realizar cálculos computacionais e calcular propiedades da materia |
C5 |
Presentar material e argumentos científicos de maneira oral e escrita a unha audiencia especializada |
C6 |
Coñecer os fundamentos e ferrramentas habituais na resolución de problemas analíticos e na caracterización de substancias químicas |
C7 |
Distinguir os principais tipos de reaccións químicas e as características asociadas a eles |
C8 |
Coñecer as propiedades características dos elementos e os seus compostos, incluíndo as relacións entre grupos e as súas variacións na táboa periódica |
C9 |
Coñecer os aspectos estruturais dos elementos químicos e os seus compostos, incluíndo a estereoquímica |
C10 |
Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos |
C11 |
Coñecer os principios da Termodinámica e as súas aplicacións na Química |
C12 |
Coñecer a cinética do cambio químico, incluíndo a catálise e os mecanismos de reacción |
C13 |
Coñecer os principios e aplicacións da electroquímica |
C14 |
Coñecer os principios da mecánica cuántica e a súa aplicación na descrición da estrutura e as súas propiedades de átomos e moléculas |
C15 |
Coñecer as principais técnicas de investigación estrutural, incluíndo a espectroscopia |
C16 |
Coñecer a relación entre propiedades macroscópicas e propiedades de átomos e moléculas individuais, incluíndo as macromoléculas (naturais e sintéticas), polímeros, coloides, cristais e outros materiais |
C17 |
Coñecer a natureza e comportamento dos grupos funcionais nas moléculas orgánicas |
C18 |
Coñecer as propiedades dos compostos alifáticos, aromáticos, heterocíclicos e organometálicos |
C19 |
Coñecer as principais rutas de síntese na química orgánica, incluíndo as interconversións de grupos funcionais e a formación dos enlaces carbono-carbono e carbono-heteroátomo |
C20 |
Coñecer a estrutura e reactividade das clases principais de biomoléculas e a química de procesos biolóxicos importantes |
C21 |
Coñecer conceptos matemáticos baseados noutros xa coñecidos e ser capaz de utilizalos nos diferentes contextos da Química |
C22 |
Coñecer e aplicar os fundamentos da Física necesarios para comprender os aspectos teóricos e prácticos da Química que o necesitan |
C23 |
Coñecer os principios e procedementos na enxeñaría química |
C24 |
Coñecer as propiedades e aplicacións dos materiais |
C25 |
Manexar con seguridade substancias químicas, tendo en conta as súas propiedades físicas e químicas, avaliando o risco asociado ao seu uso e ao dos procedementos de laboratorio e incluíndo as súas repercusións medioambientais |
C26 |
Levar a cabo correctamente procedementos habituais no laboratorio, incluíndo o uso de instrumentación química estándar para o traballo sintético e analítico |
C27 |
Demostrar capacidade para a observación, o seguimento e a medida dos procesos químicos, mediante o seu rexistro sistemático e fiable e a presentación de informes do traballo realizado |
C28 |
Interpretar os datos derivados das observacións e medidas do laboratorio en términos do seu significado e relacionalos coa teoría adecuada |
C29 |
Demostrar habilidade para os cálculos numéricos e a interpretación dos datos experimentais, co uso correcto de unidades e a estimación da incerteza |
C30 |
Capacidade para entender, interpretar e adaptar os avances no campo da Química Analítica |
C31 |
Coñecer os procesos de control aplicados nos laboratorios analíticos para lograr a súa correcta xestión e asegurar a calidade dos resultados |
C32 |
Adquirir coñecementos básicos sobre o control e a avaliación no medio ambiente e na seguridade agroalimentaria |
C33 |
Coñecer a metroloxía dos procesos químicos, incluíndo a xestión da calidade |
C34 |
Seleccionar e utilizar distintos procedementos de obtención e caracterización de nanomateriales e coñecer o seu potencial no desenvolvemento de novas aplicacións |
C35 |
Adquirir coñecementos teóricos e experimentais en aspectos avanzados da Química Física |
C36 |
Coñecer os fundamentos e ser capaz de empregar diferentes métodos de cálculo mecanocuántico aplicados á sistemas de interese en química |
C37 |
Adquirir coñecementos básicos de programación e ser capaz de utilizar paquetes informáticos adecuados para resolver problemas de interese químico |
C38 |
Relacionar as bases estructurais dos compostos organometálicos coas súas propiedades físicas, espectroscópicas e químicas |
C39 |
Seleccionar as técnicas e os procedementos adecuados aos problemas de elucidación estrutural, de síntese e de illamento e purificación de compostos organometálicos |
C40 |
Adquirir coñecementos sobre a variedade de papeis que desempeñan os ions metálicos na Bioloxía. Coñecer as biomoléculas que conteñen ions metálicos |
C41 |
Avaliar os riscos sanitarios, o impacto ambiental e socioeconómico das substancias químicas |
C42 |
Coñecer estratexias sintéticas que permitan a obtención estereoselectiva de compostos con actividade biolóxica |
C43 |
Coñecer os compostos químicos con aplicación terapéutica |
C44 |
Coñecer os principais métodos de estudo dos mecanismos das reaccións orgánicas |
C45 |
Aplicar os coñecementos de química e enxeñaría química aos procesos industriales |
C46 |
Coñecer os principios e procedementos da tecnoloxía medioambiental aplicada á industria. |
C47 |
Coñecer os principios e procedementos da seguridade e hixiene na industria. |
C48 |
Ser capaz de determinar o comportamento dun material |
C49 |
Adquirir os coñecementos, habilidades e destrezas suficientes para a práctica da inmunoquímica en distintos ámbitos |
C50 |
Coñecer o concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas |
D1 |
Capacidade para resolver problemas |
D2 |
Capacidade para traballar en equipo |
D3 |
Capacidade para comunicarse de forma oral e escrita en castelán e/ou galego e/ou inglés |
D4 |
Incorporar no exercicio profesional criterios de sustentabilidade e compromiso ambiental. Adquirir habilidades no uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos |
D5 |
Capacidade para desenvolver a súa actividade profesional dende o respecto aos dereitos fundamentais e á igualdade de oportunidades, no marco da deontoloxía profesional e do compromiso ético |
D6 |
Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria |