Prácticas de laboratorio |
O profesor realizará o seguimento do traballo experimental realizado polo alumno nas sesións de laboratorio a través da observación e a entrega dos resultados obtidos (informe de laboratorio).
A asistencia ás sesións de laboratorio é obrigatoria. A falta a algunha sesión de laboratorio deberá ser debidamente xustificada. |
15 |
A1 A4
|
B5
|
C31 C33
|
D1
|
Exame de preguntas obxectivas |
Este exame final é obrigatorio.
Este exame poderá consistir en cuestións de resposta curta, problemas e/ou preguntas de tipo test.
A presentación a este exame inhabilita ao alumno para obter a cualificación de non presentado.
Os alumnos que aproben a primeira parte examinaranse da segunda parte do temario.
Os alumnos que non superen a primeira parte terán que examinarse tamén da primeira parte do temario (40% da nota final). |
40 |
A1 A4
|
B5
|
C31 C33
|
D1
|
Segunda oportunidade (Xullo): Conservaranse as cualificacións obtidas polo estudante durante o curso nas prácticas de laboratorio e nos seminarios (20 % da cualificación). Este exame poderá consistir en cuestións de resposta curta, problemas e/ou preguntas de tipo test. O alumnado que o desexe poderá optar pola modalidade de avaliación global e deberá comunicalo por escrito ó coordinador da materia durante o primeiro mes do cuatrimestre, neste caso a avaliación será 85 % o exame e 15 % as prácticas de laboratorio. |