Esta materia proporciona ó alumnado coñecementos sobre aspectos importantes e actuais da Química Analítica (técnicas bioanalíticas, automatización e miniaturización, sensores e quimiometría). Os estudantes poderán completar a súa formación e integrar os coñecementos adquiridos sobre Química Analítica, o que lles permitirá abordar a resolución de problemas analíticos en áreas de especial interese, como clínica, medio ambiente, industria, etc.