. Na data sinalada para os exames se realizarán duas probas, unha teórica (35%) e outra práctica (exercios prácticos, 35%). Nos exames de segunda oportunidade e siguintes o profesor poderá optar por este esquema ou por outro conxunto, correspondendolle unha puntuación do 70% da nota global. - Para os exames segunda oportunidade e siguintes, se manterán as notas do examen curto, as de prácticas e, no seu caso, as de avaliación contínua (a no ser que, no curso siguinte, se realicen de novo as prácticas). As notas de prácticas se poden manter en cursos posteriores se o alumno o solicita, tendo que repetirlas se no o fai. - A asistencia a prácticas, e a entrega dos correspondentes informes (resumo de cada práctica e memoria da que se indique) é OBRIGATORIA. Unha falta sen xustificar suporá un suspenso directo na asignatura e ter que volver a realizalas o curso siguinte. Máis de tres (3) faltas xustificadas suporán o suspenso da asignatura e que se teñan que volver a realizar no curso siguiente. A asistencia a clases maxistrais e seminarios é moi recomendable. A puntuación das prácticas terá que ser igual ou superior a 5.0 (escala 0-10). A nota mínima REQUERIDA en cada un dos exames de desenvolvemento será de 3.8 (en escala 0-10) para que poida facerse media coas puntuacións dos outros apartados. Non hai nota mínima nos exames de control / probas curtas. Para aprobar a materia, a puntuación media global ha de ser, naturalmente, igual ou superior a 5.0 (escala 0-10). Aínda que non existen puntuacións mínimas nalgúns apartados, na avaliación final valorarase especialmente a asistencia, presentación e a discusión de exercicios durante os seminarios e a actitude e traballo en prácticas. |