Prácticas de laboratorio |
O profesor realizará un seguimento do traballo experimental realizado polo alumno nas sesións de laboratorio, avaliando as destrezas adquiridas e os resultados de cada experimento. É importante indicar que é OBRIGATORIA a asistencia a tódalas sesións de laboratorio. A falta de asistencia penalizará a nota e cando o número de ausencias é superior ao 25 % das sesións de laboratorio, suporá suspender a parte práctica da materia. |
15 |
A1 A3
|
|
C6 C26 C29
|
D1
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
PROBA FINAL: Ao final do cuadrimestre realizarase unha proba escrita que constará de cuestións teóricas e exercicios numéricos. Para poder promediar ambas partes será necesario alcanzar unha cualificación mínima de 3 puntos sobre 10 en cada unha delas. Ademais, o alumno deberá alcanzar nesta proba unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 para poder sumar ao resto de elementos da avaliación. Dita proba realizarase na data indicada na programación académica do curso, aprobada na Xunta de Facultade. |
40 |
A1 A3
|
|
C6 C29
|
D1
|
Primeira oportunidade (avaliación continua): Para superar a materia é obrigatorio aprobar individualmente cada unha das partes: teoría e prácticas de laboratorio. Para iso, é necesario alcanzar unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 na proba final de cuadrimestre e de 5 puntos sobre 10 na proba de laboratorio. A puntuación correspondente á parte práctica da materia (laboratorio) só se computará na nota final unha vez aprobada a teoría. A participación do alumno en probas escritas e a asistencia a prácticas de laboratorio (duas ou máis) implicará a condición de presentado e, por tanto, a asignación dunha cualificación.
Segunda oportunidade (avaliación continua): Na segunda oportunidade (xullo) o alumno poderá repetir aquelas probas (teoría e/ou laboratorio) que non superase na primeira oportunidade. Conservaranse as puntuacións alcanzadas polo alumno, durante o curso, nas prácticas de laboratorio (15 %). Nesta convocatoria, a proba correspondente á parte teórica da materia suporá o 70 % da cualificación final e a proba de laboratorio un 15 % e teranse en conta as mesmas consideracións establecidas para a primeira oportunidade.
Modalidade de avaliación global (non continua): Os estudantes que desexen acollerse a esta modalidade de avaliación deberán comunicalo, por escrito, no plazo establecido pola Facultade ao inicio do cuadrimestre. Neste caso, a avaliación constará das seguintes partes: prácticas de laboratorio (30 %) e proba de avaliación global (70 %) e será necesario alcanzar unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 en cada unha das probas (teoría e laboratorio) para aprobar a materia. |