Primeira oportunidade (Maio-Xuño) Avalición continua: No caso de non acadar a cualificación mínima esixida nalgunha proba para superar a materia, a cualificación final reflectirá o máis fielmente posible a cualificación real obtida ao longo do curso. Enténdese que un/unha estudante se presentou á avaliación da materia e, por tanto, consignaráselle unha cualificación, nos seguintes supostos: 1. Se se presenta a algún exame de preguntas de desenvolvemento. 2. Se se participa en probas ou actividades de avaliación continua máis alá dos prazos establecidos polo centro para a solicitude de modalidade de avaliación global. É preciso unha nota mínima de 5 sobre 10 para superar a materia. Avaliación global: O alumnado que teña concedido polo decanato a avaliación global terá un exame de preguntas de desenvolvemento (100%) que se realizará na data oficial do exame para cada oportunidade de avaliación dentro do período de probas oficiais marcado no calendario académico de cada curso. É preciso unha nota mínima de 5 sobre 10 para superar a materia. Avaliación do alumnado do Ciclo integrado do Programa de Maiores: - Asistencia obrigatoria ao 80% das clases teóricas e seminarios. - Realización dos problemas, exercicios ou test autoavaliables. - Realización dun traballo sobre algún tema relacionado coa asignatura. Segunda Oportuniade (Xullo): Síguense os mesmos criterios que na primeira convocatoria. |