Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química: Química I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Para cada tema proporanse problemas, exercicios e / ou test autoavaliables, que o alumnado deberá resolver nas clases de seminario e fora da aula. É preciso unha nota mínima de 5 sobre 10 nos exames de preguntas de desenvolvemento para ter en conta este apartado no cómputo da nota final. 36 A2
B1
B2
C1
C2
C8
C9
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita sobre a materia dos temas 1, 2 e 3. É preciso unha nota mínima de 5 sobre 10 para superar a materia.

24 A2
B1
B2
C1
C2
C8
C9
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita sobre a materia dos temas 4, 5, 6, 7 e 8. É preciso unha nota mínima de 5 sobre 10 para superar a materia.
40 A2
B1
B2
C1
C2
C8
C9
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira oportunidade (Maio-Xuño)

Avalición continua: 

No caso de non acadar a cualificación mínima esixida nalgunha proba para superar a materia, a cualificación final reflectirá o máis fielmente posible a cualificación real obtida ao longo do curso.

Enténdese que un/unha estudante se presentou á avaliación da materia e, por tanto, consignaráselle unha cualificación, nos seguintes supostos: 

1. Se se presenta a algún exame de preguntas de desenvolvemento.

2. Se se participa en probas ou actividades de avaliación continua máis alá dos prazos establecidos polo centro para a solicitude de modalidade de avaliación global. 

É preciso unha nota mínima de 5 sobre 10 para superar a materia.

Avaliación global: 

O alumnado que teña concedido polo decanato a avaliación global terá un exame de preguntas de desenvolvemento (100%) que se realizará na data oficial do exame para cada oportunidade de avaliación dentro do período de probas oficiais marcado no calendario académico de cada curso. 

É preciso unha nota mínima de 5 sobre 10 para superar a materia.

Avaliación do alumnado do Ciclo integrado do Programa de Maiores:

- Asistencia obrigatoria ao 80% das clases teóricas e seminarios.

- Realización dos problemas, exercicios ou test autoavaliables.

- Realización dun traballo sobre algún tema relacionado coa asignatura.

Segunda Oportuniade (Xullo): Síguense os mesmos criterios que na primeira convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000