A entrega do boletín individual de cada seminario ao profesor por parte de cada estudiante realizarase nun prazo máximo de 7 días despois da celebración de seminario. Non se recollerá ningún boletín a partir de dita data límite, en cuxo caso a cualificación será 0. A entrega de calquera seminario por parte do estudantado para a sua avaliación polo profesorado supón que o/a estudiante entra en modo PRESENTADO automáticamente, con independencia de se o/a estudiante non se presenta ao exame final. A nota final da materia (n) será unha ponderación das calificaciones (entre 0 e 10) do examen oficial (eo), do examen parcial (ep) e dala nota media dos seminarios (se), tanto en primeira como en segunda oportunidade, dacuerdo á seguente formula: n = 0,4*eo + 0,4*se +0,2*ep O exame oficial e a nota media dos seminarios deben aprobarse ambos por separado. AVALIACIÓN CONTÍNUA da docencia de Aula: Exame parcial á metade de curso (1 hora, peso 20%, dividido en 10% de problemas y 10% de preguntas obxetivas). Esta proba non é liberatoria de materia, se celebrará nunha sesión de clase teórica. Exame Final oficial (3 horas peso 40%) AVALIACIÓN CONTINUA da docencia de Seminarios: Memorias individuais de seminarios (peso 40%). O alumnado repetidor deberá volver a asistir, facer e entregar as memorias individuais de seminarios. A cualificación dos seminarios e do exame parcial gardanse para a segunda oportunidade. PROCEDIMIENTO DE AVALIACIÓN GLOBAL: Para o alumnado que se acolla a esta modalidade, se realizará unha proba de avaliación global que consistirá nun exame oral no idioma no el que o alumnado teña cursado a materia, coincidindo coa data oficial do exame de cada oportunidade marcado no calendario académico do centro. Esta proba oral terá carácter público para todo o alumnado matriculado na materia e será gravada en audio e video para que o alumnado a poda revisar. A solicitude para esta opción de evaluación terase que presentar en tiempo e forma que determine o Centro, e será publicado con anterioridade ao inicio académico. Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. levará un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario. |