Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Ecoloxía mariña
   Contidos
Tema Subtema
Ecoloxía e crise ambiental Ecoloxía nunha biosfera antrópica. Límites planetarios. Aproximacións ao estudo da Ecoloxía. Presentación da materia.
Diversidade metabólica da biosfera Enerxía no ecosistema. Ciclos de materia alimentados por fluxos de enerxía. Entrada de enerxía no ecosistema. Vías metabólicas. Interacción de vías metabólicas.
Circulación de materia no ecosistema Compartimentos, balances de masa e tempos de residencia. Osíxeno: distribución e gradientes redox. Reaccións do carbono: quecemento e acidificación. Reaccións do nitróxeno: eutrofización. Reaccións do fósforo: dinámica na interfase auga-sedimento. Reaccións do xofre: interacción coa atmosfera
Produción primaria Concepto e magnitudes. Control da produción primaria: irradiancia e nutrientes. Control hidrodinámico da produción primaria: modelo de Sverdrup. Variabilidade espacial e temporal da produción primaria no medio mariño.
Produción secundaria e remineralización da materia Produción secundaria. Vía herbívora e vía dos descompoñedores. Eficiencias. Descomposición e remineralización de materia orgánica. Produción heterotrófica microbiana.
Ecoloxía de poboacións: estratexias de vida Concepto de individuo e poboación. Características das poboacións. Trazos das estratexias de vida. Compromisos.
Dinámica de poboacións illadas Ecuación fundamental do crecemento poboacional. Modelos de crecemento poboacional. Crecemento densoindependiente: modelo exponencial. Crecemento densoindependiente en poboacións con estrutura de idade: táboas de vida, curvas de supervivencia, diagramas de Allen. Crecemento densodependiente: modelo loxístico. Variacións do modelo loxístico: atraso temporal, efecto Allee.
Interaccións entre especies Competencia interespecífica. Evidencias experimentais da competencia. Competencia e nicho ecolóxico. Modelo de competencia de Lotka e Volterra. Depredación. Respostas funcionais e numéricas. Modelo de depredación de Lotka e Volterra. Variacións do modelo de Lotka e Volterra: autolimitación. Interaccións positivas: mutalismo e comensalismo.
Estrutura e función das comunidades Concepto, ensamblaje e filtros. Diversidade específica, biodiversidade, riqueza específica e diversidade funcional. Equitatividade: modelos de distribución de abundancia. Índices de diversidade. Relación diversidade-funcionamento de ecosistemas. Diversidade no espazo: espectros e gradientes.
Redes tróficas Topoloxía das redes tróficas. Conectancia, diversidade e estabilidade. Especies chave e fervenzas tróficas. Control top-down vs bottom-up. Exemplos de redes tróficas peláxicas e bentónicas.
Dinámica das comunidades Colonización e extinción: dinámica de comunidades insulares. Efectos área, distancia, rescate e diana. Implicacións sobre a redución e fragmentación de hábitats. Equilibrio e non equilibrio: organización da comunidade. Regulación das comunidades en equilibrio: efecto da competencia; efecto da depredación. Papel das interaccións positivas: facilitación. Regulación das comunidades en non equilibrio: perturbacións. Hipótese da perturbación intermedia. Modelos independentes da densidade: hipótese do recrutamento variable.
Sucesión ecolóxica Cambios da comunidade no tempo: sucesión e fluctuación. Modelos explicativos da sucesión. Sucesión e diversidade. Sucesión e fluxo de enerxía.
Conservación e xestión de ecosistemas Sistemas socio-ecolóxicos. Servizos ecosistémicos: oferta e demanda. Análise de interaccións e identificación de conflitos. Bases da conservación de ecosistemas. Xestión de ecosistemas baseada na resiliencia. Respostas non lineais e histéresis. Principios para o mantemento dos servizos ecosistémicos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000