1. AVALIACIÓN CONTINUA Para o estudantado que opte por avaliación continua, o 40% da cualificación deriva dun exame test sobre o conxunto da materia (o estudante poderá durante o mesmo consultar textos legais en soporte papel de acordo con as instrucións facilitadas polo profesorado), e o 60% restante (30% + 30%) deriva da participación activa do estudante nas actividades en aula co seguinte mecanismo corrector: no caso de que a avaliación da participación activa sexa inferior á cualificación do exame, non se valorará en prexuízo do estudante a cualificación da participación activa. A presenza física dun estudante en clase non é mérito algún (a mera asistencia nin se valora nin se controla; non se esixe un número mínimo de asistencias). O simple feito de asistir a clase non é unha actividade que reflicta ningunha actitude nin aptitude do alumno nin favorable nin desfavorable en termos académicos ou intelectuais, nin achega absolutamente ningún dato relevante que sirva para avaliar nin competencias nin habilidades nin o coñecemento e madurez alcanzado respecto dos contidos da materia -que é do que se trata, en definitiva-. En consecuencia, asistir a clase por si só NON SE VALORA. O que si se valora na avaliación continua é a asistencia activa (asistencia + participación). 2. AVALIACIÓN GLOBAL O 100% da cualificación deriva dun exame test sobre o conxunto da materia (o estudante poderá durante o mesmo consultar textos legais en soporte papel de acordo con as instrucións facilitadas polo profesorado). 3. AVALIACIÓN NA SEGUNDA OPORTUNIDADE Na segunda oportunidade, a avaliación será exactamente igual que na primeira (as notas de avaliación continua, para aqueles estudantes que optasen por esta modalidade, conservaranse). 4. CALENDARIO Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro responsable do máster na UVIGO: http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes 5. TITORÍAS As titorías poderanse solicitar con cada docente por correo-e. O correo-e do profesorado estará dispoñible na web da titulación. |