Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Xestión sostible da auga
 Materias
  Dereito da auga
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valorarase a participación activa dos/as estudantes na aula 30 B1
C1
D1
Seminario Valorarase a participación activa dos/as estudantes na aula 30 B1
C1
D1
Exame de preguntas obxectivas Exame test con varias posibles opcións de resposta para cada pregunta; os/as estudantes, seguindo as recomendacións do profesorado, poderán utilizar durante o exame textos legais en soporte papel 40 B1
C1
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. AVALIACIÓN CONTINUA

Para o estudantado que opte por avaliación continua, o 40% da cualificación deriva dun exame test sobre o conxunto da materia (o estudante poderá durante o mesmo consultar textos legais en soporte papel de acordo con as instrucións facilitadas polo profesorado), e o 60% restante (30% + 30%) deriva da participación activa do estudante nas actividades en aula co seguinte mecanismo corrector: no caso de que a avaliación da participación activa sexa inferior á cualificación do exame, non se valorará en prexuízo do estudante a cualificación da participación activa.

A presenza física dun estudante en clase non é mérito algún (a mera asistencia nin se valora nin se controla; non se esixe un número mínimo de asistencias). O simple feito de asistir a clase non é unha actividade que reflicta ningunha actitude nin aptitude do alumno nin favorable nin desfavorable en termos académicos ou intelectuais, nin achega absolutamente ningún dato relevante que sirva para avaliar nin competencias nin habilidades nin o coñecemento e madurez alcanzado respecto dos contidos da materia -que é do que se trata, en definitiva-. En consecuencia, asistir a clase por si só NON SE VALORA. O que si se valora na avaliación continua é a asistencia activa (asistencia + participación).

2. AVALIACIÓN GLOBAL

O 100% da cualificación deriva dun exame test sobre o conxunto da materia (o estudante poderá durante o mesmo consultar textos legais en soporte papel de acordo con as instrucións facilitadas polo profesorado).

3. AVALIACIÓN NA SEGUNDA OPORTUNIDADE

Na segunda oportunidade, a avaliación será exactamente igual que na primeira (as notas de avaliación continua, para aqueles estudantes que optasen por esta modalidade, conservaranse).

4. CALENDARIO 

Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro responsable do máster na UVIGO: http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes 

5. TITORÍAS

As titorías poderanse solicitar con cada docente por correo-e. O correo-e do profesorado estará dispoñible na web da titulación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000