Exame de preguntas de desenvolvemento |
Realizarase un exame que consistirá na resolución de casos prácticos e desenvolvemento de cuestións teóricas relacionadas coa docencia teórica e práctica.
Deberase alcanzar unha nota superior ao 30% da cualificación máxima da proba para aprobar a materia.
RESULTADOS DE APRENDIZAXE: Comprender os aspectos básicos da xeración de enerxía eléctrica
Coñecer os elementos das centrais eléctricas clásicas
Coñecer os principios dos sistemas e do funcionamento dos aeroxeradores
Coñecer os principios de funcionamento dos sistemas solares fotovoltaicos |
40 |
A2 A4 A5
|
|
C3
|
D5 D6 D7 D8 D10
|
Consideracións sobre a Avaliación continua (primeira oportunidade):
- Adecuarase á
normativa da universidade e se realizará atendendo á consideración de
asistencia do alumnado ás clases teóricas e prácticas. - Concretamente, se realizará un seguimento da asistencia ás clases prácticas; ao alumnado que asista a menos
do 75% das clases correspondentes ás prácticas, se lle notificará
que é necesario que realice unha proba escrita da parte de prácticas de laboratorio.
Segunda oportunidade:
- O alumnado poderá
realizar de novo calquera das probas (exames, informes/proba de prácticas e presentación de casos prácticos), mantendo no resto de probas a cualificación obtida na primeira oportunidade.
Avaliación Global:
- Para a avaliación global atenderase ás porcentaxes definidas nas probas: Exame escrito 40%,
proba sobre as prácticas de laboratorio 30% e presentación de caso práctico 30%.
|