O modo de avaliación preferente será o de avaliación continua, segundo os criterios establecidos na sección de avaliación. No caso de que o alumnado prefira a opción de avaliación global deberá solicitalo formalmente ao profesorado da materia dentro do prazo establecido polo/a responsable. Neste caso, o exame final valorarase sobre 10 puntos e nel incluiranse todos os contidos traballados durante o curso. Baixo o sistema de avaliación continua, no caso de que o/a estudante non alcance unha nota mínima nalgunha das probas parciais realizadas durante o curso (40%, 1.2 de 3) será transferido automáticamente ao sistema de avaliación global, de modo que no exame final será avaliado da totalidade dos contidos da materia.
|