AVALIACIÓN CONTINUA (Segunda Oportunidade) Na segunda oportunidade manterase a cualificación obtida na memoria práctica (10% da nota final). O resto da cualificación obterase de dúas probas que se realizarán na data oficial que estableza o centro, e que consistirán en: - Unha proba de preguntas teóricas a desenvolver (45%): Preguntas curtas nas que se avaliarán os coñecementos adquiridos ao longo do curso. - Unha proba de exercicios e problemas (45%): Resolución de problemas e exercicios. AVALIACIÓN GLOBAL (Primeira e segunda oportunidade) O alumnado poderá renunciar ao sistema de avaliación continua transcorridos dous meses desde o inicio da actividade docente. Aquel alumnado que renuncien á avaliación continua poderán acollerse á modalidade de avaliación global e examinarse do 100% da materia nun exame realizado na data oficial que estableza o centro. Este exame constará de preguntas teóricas e exercicios a desenvolver, que tratarán sobre toda a documentación achegada en MOOVI e a bibliografía obrigatoria. Este exame será diferente, en todo caso, do exame do alumnado que se acolleu á modalidade de avaliación continua. Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes/ |