Avaliación continua primeira oportunidade: Cada un dos parciais, constará dunha parte de teoría e outra de problemas, realizaranse conxuntamente na data. É dicir, haberá un total de tres parciais ao longo do cuadrimestre: - Parcial 1 Teoría e Problemas (25%). - Parcial 2 Problemas de Teoría (25%). - Parcial 3 Teoría e Problemas (25%). Deste xeito, cada un destes parciais suman o 25% da nota global. Esixirase unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada parcial para que se sume á nota da avaliación continua. Os parciais 1 e 2 desenvolveranse durante o curso académico e o parcial 3 realizarase na data do calendario oficial de exames. A realización das prácticas avaliarase coa entrega de 2 informes, cun peso cada un do 10% da nota final. Esixirase unha puntuación mínima de 4 sobre 10 puntos en cada unha delas. A valoración do traballo realizado nos seminarios realizarase coa asistencia a estes. Segunda oportunidade de avaliación continua: O exame terá un peso do 75% da nota final e conservaranse as notas das memorias prácticas e do seminario. Avaliación global, o exame desta modalidade constará de dúas partes: - Un exame de conceptos teóricos e resolución de problemas, cun peso do 75% da nota global. - Un exame sobre os conceptos traballados nas prácticas e no seminario, cun peso do 25% da nota global. Nesta segunda parte esixirase unha puntuación mínima de 3 sobre 10 para puntuar. |