Nesta materia preténdese que o alumnado coñeza a base tecnolóxica sobre a que se apoian as investigacións máis recentes no ámbito da mecánica de solos.
Os coñecementos a adquirir nesta materia vanse a centrar en comprender os aspectos básicos das leis da elasticidade, elasto-plasticidade, fluxo de auga en medios continuos, consolidación e resistencia que rexen o comportamento dos solos. Coñecer o proceso experimental de caracterización, clasificación e ensaios de resistencia e consolidación en solos. Dominar as técnicas actuais dispoñibles para o deseño de muros de contención e cimentacións.
Estas nocións de carácter tanto teórico como práctico, deben permitir ao alumnado resolver problemas reais e comprender que a tecnoloxía desenvolvida neste ámbito, aínda que se basea nos coñecementos científicos, ten como obxectivo primordial tomar decisións de deseño e resolver problemas nun contexto no que a variabilidade dos parámetros de entrada inflúen moi significativamente nos resultados, ao proxectarse as obras nun medio natural.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.