AVALIACIÓN. 1.- Avaliación continua Primeira oportunidade: A avaliación continua realizarase ao longo do cuadrimestre e terá unha parte de avaliación de contidos teóricos (70% de nota final) e outra das prácticas de laboratorio (30% da nota final). A parte teórica da materia avalíase mediante tres exames parciais que se realizarán dentro do horario asignado ás aulas lectivas das materias. O peso de cada exame é do 23.3% da nota final. A nota de teoría (T) obterase da media das notas dos tres exames parciais. Respecto a as prácticas de laboratorio, o alumnado será avaliado en todas as sesións de prácticas e obterá unha nota porcada práctica. As sesións sen asistencia serán puntuadas cun cero. A nota de laboratorio (L) obterase da media das notas das prácticas. A cualificación L obtida en prácticas conservarase durante dous cursos académicos se o estudante non superase a materia no curso actual. A cualificación de avaliación continua (C)calcularase como: C = 0,7 x T + 0,3 x L Para superar a materia por avaliación continua, tanto L como C teñen que ser maior ou igual a 5 puntos sobre 10. No caso de que L sexa inferior a 5, a cualificación máxima de avaliación continua(C) será 4.5. O alumnado que non superase a avaliación continua durante o cuadrimestre, poderá recuperar a parte teórica na data establecida pola Xefatura de Estudos para o exame final de primeira oportunidade. Neste caso o alumnado realizará un exame que versará sobre todosos contidos teóricos da materia. A nota obtida neste exame substituirá a T obtida durante as avaliacións parciais do cuadrimestre. Segunda oportunidade: O alumnado que non superase a avaliacióncontinua na primeira oportunidade poderá realizar un exame de todos os contidosteóricos da materia na data prevista para os exames de segunda oportunidade. Anota obtida neste exame substituirá a T obtida na primeira oportunidade. A cualificación de avaliación continua (C)calcularase da mesma forma que na primeira oportunidade: C = 0,7 x T + 0,3 x L 2.- Avaliación global O alumnado que queira optar polo método de avaliación global deberá solicitalo mediante correo electrónico ao profesorado responsable da materia nun prazo máximo dun mes antes da finalización do cuadrimestre. Quen opte por avaliación global tamén terá dúas oportunidades de avaliación, primeira e segunda oportunidade. En ambos os casos a avaliación consistirá en dous exames, un da parte teórica da materia cun peso de 70% e outro da parte práctica de laboratorio cun peso do 30%. O exame teórico será unha proba escrita cunha duración de dúas horas e a de laboratorio terá unha duración dunha hora e realizarase no laboratorio de prácticas asignado á materia. Para superar a materia mediante avaliación global, será necesario obter unha nota mínima de 5 puntos sobre 10, tanto na proba escrita como na proba de laboratorio. Recomendacións: É moi importante que o estudantado manteña actualizado o seu perfil na plataforma MooVi da materia, pois calquera comunicación colectiva relativa á mesma realizarase a través do foro de noticias asociado. As comunicacións individuais realizaranse a través da dirección de correo persoal que figure no perfil. O alumnado poderá consultar calquera dúbida relativa as actividades asignadas ao grupo de traballo ao que pertencen nas horas de titorías ou a través dos medios relacionados no apartado de Atención personalizada. Calendario de exames. Verificar/consultar deforma actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes/ |