CONSIDERACIONS SOBRE A AVALIACIÓN CONTINUA A avaliación continua incluirá os seguintes apartados: • (40%) Exame escrito sobre problemas (4 problemas). • (30%) Exame de exercicios teóricos e prácticos. Conteñen teoría ou algún exercicio práctico de aplicación directa. (3 exercicios). • (20%) Exame práctico. (2 follas de cálculo). • (10%) Problema ou problemas relacionados co seminario (1 ou 2 problemas). Na modalidade de avaliación continua establécese en porcentaxe (20%) o número máximo de faltas de asistencia a laboratorios máis seminarios, que corresponde a 2 faltas en total. Na primeira oportunidade, o alumnado será examinado polo sistema de avaliación continua, salvo renuncia expresa. A data mínima para solicitar a renuncia á avaliación continua non será inferior a un mes desde o inicio da impartición da materia. En ningún caso, o alumnado terá que enfrentarse por primeira vez a unha proba que supoña máis do 40% da cualificación da asignatura. CONSIDERACIONS SOBRE A AVALIACIÓN GLOBAL No caso de que os/as estudantes decidiran facer un exame global, o sistema porcentual sería o seguinte: • (40%) Exame escrito de problemas (4 problemas) • (40%) Exame de exercicios teóricos e prácticos. Conteñen teoría ou algún exercicio práctico de aplicación directa. (4 exercicios) • (20%) Problema ou problemas relacionados co seminario (2 problemas) CONSIDERACIONES DE SEGUNDA OPORTUNIDADE Na segunda oportunidade, o alumnado será examinado polo sistema de avaliación continua, salvo que deixara constancia expresa en tempo e forma regulamentariamente. Este exame terá a mesma configuración que a avaliación global de primeira oportunidade. Calendario de exames: poden consultarse na páxina web do centro http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes/ |