A orde establecida no temario da materia pode sufrir modificacións ao longo do curso para favorecer o proceso de aprendizaxe do alumnado. Avaliación Continua primeira oportunidade En ningún caso o alumnado terá que enfrentarse nunha única sesión a unha proba que supoña máis do 40 % da materia. Exames de teoría, 54% da nota final (50% preguntas desenvolvemento + 50% preguntas curtas). Exame de prácticas, 28% da nota final. Exame de recoñecemento de minerais e rochas, 12% da nota final. Memoria dos talleres de cartografía, cortes xeolóxicos e saída de campo, 6% da nota final. A fin de facilitar unha avaliación continua faranse tres probas parciais da parte teórica que terán validez do 18 % da nota final. Si obtense unha nota inferiora 5, o alumnado debera examinarse das partes no superadas no exame teórico da primeira oportunidade. Si a nota e superior a 5 o alumnado poderá presentarse asubir nota no exame teórico da primeira oportunidade, conservándose la nota superior de ambas opcións. Na primeira oportunidade o alumnado se examinará do exame de prácticas e recoñecemento de minerais e rochas. Ademais, o alumnado poderá presentarse as partes teóricas non superadas ou as que desexe subir nota. Nota: Para presentarse a subir nota, o alumnado deberá comunicar ao profesorado da materia a súa intención antes do comezo do período de exames. Na primeira oportunidade, para superar a materia é necesario obter no exame final unha nota superior a 3,5 sobre 10 en calquera dos apartados avaliados. Tanto nas sesións de seminario como de laboratorio realizarase un seguimento do nivel de asistencia. Aquel alumnado que non alcance un nivel de asistencia mínimo do 80%, non superará a materia por avaliación continua. Avaliación Continua segunda oportunidade As condicións son similares a primeira oportunidade. As notas parciais manteñense, pero non existe a posibilidade de subir nota ao alumnado que superou a materia na primeira oportunidade. Avaliación Global primeira e segunda oportunidade Unha soa proba teórico-práctica polo 100% da nota. A proba incluirá preguntas de desenvolvemento e curtas, identificación de Minerais e Rochas, exercicios de cartografía e cortes xeolóxicos. Alumnado repetidor Non se gardarán cualificacións dun ano para outro Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames |