A/O alumna/o poderá decidir libremente a metodoloxía de avaliación (Global ou Continua) dentro do prazo e procedemento estipulados a tal efecto pola escola, e en calquera caso de acordo á normativa vixente. Nesta materia calcularanse dous notas para cada estudante, unha derivada da modalidade de avaliación continua e outra da avaliación global, e asignaráselle a máis alta das dúas. Modalidade Avaliación Continua No calculo da cualificación final, consideraranse catro bloques de avaliación que terán os seguintes pesos: - Prácticas de laboratorio (10%): entrega dun informe/cuestionario e/ou realización dunha proba oral de polo menos unha práctica experimental/TIC ao longo do curso. - Resolución de problemas (Cuestionarios para o establecemento da teoría, 20%): cuestionarios a cubrir na clase en formato papel ou na plataforma de teledocencia. - Exame de preguntas de desenvolvemento (Primeira proba parcial de avaliación continua, 15%): proba consistente en cuestións teórico-prácticas, incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou desenvolvemento dun tema. Poderían incluír cuestionarios de opción múltiple. - Exame de preguntas de desenvolvemento (Proba parcial de segunda avaliación continua, 15%): proba consistente en cuestións teórico-prácticas, incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou desenvolvemento dun tema. Poderían incluír cuestionarios de opción múltiple. - Resolución de problemas e/ou exercicios (Proba final de avaliación continua, 40%): proba consistente en cuestións teórico-prácticas, incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou desenvolvemento dun tema. Poderían incluír cuestionarios de opción múltiple. No espírito do parágrafo anterior, asignarase a nota final de curso a todo o alumnado mediante a seguinte fórmula: Nota-Actas = máx {0.6 NC + 0.4 NF, NF + (1/30)NC(10 - NF)} onde NC é a media ponderada das probas de avaliación continua e as prácticas (no rango de 0 a 10) e NF é a nota do exame final (tamén sobre 10). Modalidade Avaliación Global Farase un exame final na data oficial aprobada en xunta de escola cunha puntuación do 100% da materia. Segunda oportunidade Na convocatoria de segunda oportunidade (extraordinaria de xullo) rexerá a mesma metodoloxía que en primeira oportunidade, realizándose unha nova proba de avaliación final para o alumnado que vaia por continua e un novo exame final para o itinerario seguindo a avaliación global. Na modalidade de avaliación continua, por tanto, gárdase a nota das probas parciais e de prácticas. Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/é/docencia/examenes |