Tecnoloxía de Materiais é unha materia de segundo curso, obrigatoria para todo o alumnado e de marcado carácter tecnolóxico básico. O obxectivo que se persegue é presentar dun xeito comprensible ao alumnado os fundamentos da Ciencia e Tecnoloxía dos Materiais, centrándonos na relación estrutura interna - propiedades - procesado dos materiais.
Os resultados perseguidos da aprendizaxe céntranse en:
1. Comprender os conceptos fundamentais de enlace, estrutura e microestrutura dos distintos tipos de materiais.
2. Comprender a relación entre a microestrutura do material e o seu comportamento mecánico, eléctrico, térmico e magnético.
3. Coñecer as técnicas básicas de caracterización estrutural dos materiais.
4. Adquirir habilidades no manexo dos diagramas e gráficos.
5. Ser capaz de interpretar e aplicar normas de ensaios de materiais.
6. Adquirir habilidade na realización de ensaios.
7. Analizar os resultados obtidos e extraer conclusións dos mesmos.
8. Desenvolver rigor científico e metodoloxía experimental na formulación e resolución de problemas relacionados coa Tecnoloxía de Materiais.